Vincetoxicum nigrum.

Vencetósigo negro.(Vencetósigo)

As flores son de cor púrpura oscuro  vermello  que se volven negras cando maduran.

Dende logo é unha planta moi curiosa cunhas follas moi características e cunhas flores dilatadas na base.

Eu esta planta nona teño visto o pe dos ríos pero o meu mestre Miguel Pavón, dice que é abondosa. Haberá que fixarse xa que merece a pena.

Ver a outra fotografía.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outra fotografía.

Vincetoxicum nigrum

Trátase dun arbusto erecto e un pouco endeble. Dunhos 80 cms. O aspecto é un pouco selvático como se ve no dibuxo.

Lóbulos da corola con pelos dereitos na cara superior. Lóbulos de cáliz ovais.

Talla de 40-80 cm., a maioría retorcidos , de aspecto aterciopelado.

Follas de 5-7 x 2-3 cm. ovais, con punta larga; márxes e nervios pubescentes; pecíolos de 10-15 mm.. As follas son brillantes.

Cimas con 5-7 flores; pedúndulos de 5-10 mm. de diámetro; púrpura oscuro, de lóbulos ovais.

 Froito dunhos 5-8 x 0,8 cm. fusiforme, lampiño.

 

Vive en zonas pedregosas, onde se acumulan os coios dos ríos,  e lugares húmidos como poden ser as beiras dos ríos.

Florece na primavera a partir do mes de maio.

A raíz de tipo rizoma é velenosa. Contén un elemento que se chama vincetoxina que xa era conocido na antiguedade como cardiotónico.

Hai varias especies de vencetósigo.

Nesta fotografía da que descoñezo o autor vese perfectamente a flor, que dende logo é bastante rara xa que parece inflada o que se chama lóbulos ovais. A flor é pequena sobre 1 cm. A cor é púrpura escuro.

Saír.