Silybum marianum (L). Cardo Borriqueiro. Cardo B.

Son moitas as plantas que levan este nome, cardo, en Galicia, a máis abondosa pode ser a da fotografía, que é o cardo borriqueiro ou cardo leiteiro. Os talos son largos e con moitos pinchos, como pode verse. As flores son rosa púrpura roxizas, xeralmente solitarias.

A fotografía está sacada polo autor en Reza, Ourense, no río Miño.

Xusto no "Paseo das Ninfas".

Ver as características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Silybum marianum

Trátase dunha planta bienal, robusta e pelada de ata 1,5 m de altura. 

Follas alternas. As flores superiores teñen a marxe espiñosa e a face de cor verde matizado de branco.

As flores son de cor púrpura.

Crece en lugares removidos e moi expostos o sol.

É unha planta que se utiliza na hepatite crónica, na cirrosis e na insuficiencia hepato - biliar.

 

Fotografías sacadas en Ourense, no paseo das Ninfas, a carón do río Miño.

Algunha xente chámalle cardo de Santa María a esta planta, tamén cardo mariano.

Fotografías sacadas en Ourense, no paseo das Ninfas, a carón do río Miño. O cardo da fotografía é o cardo vulgar, non é o cardo borriqueiro. Este ten simplemente unha flor cor violeta, pero non ten os pinchos que presenta o cardo borriqueiro.

Saír.