Salgueiros no río Lor.
Os salgueiros (xunto cós amieiros e bidueiros) forman o bosque de galería, xusto a beira dos regatos e ríos galegos. Son a primeira liña no río. Na fotografía hai, entre outros, moitos salgueiros.
Estas árbores, teñen a particularidade de fixarse intensamente no terreo no momento das ríadas polo que frean e atenuan as mismas. Non se entende a moda de moitos concellos da provincia de Ourense de quitar as árbores do río para facer paseos, praías fluviais (non saben máis...). Estas árbores son básicas na beira do río.
Hai moitos salgueiros, os máis comúns nos ríos por este orden son: o Salix atrocinerea (que se ve nesta ficha), o Salix salvifolia (hai unha fotografía), e o Salix viminalis (noutra ficha), entre outros.
![]()
| Nome científico |
Salix atrocinérea L. Clase: Anxiospermas Orden: salicales Familia: salicáceas.
|
||||||
| Nome galego |
Salgueiro, salgueira, salgueiro negro, salgueiro zao, zao
Un salgueiro no medio do río en Chandrexa de Queixa. Esta árbore aguanta o que lle boten, pode pasar o río por riba que é moi dificil que o arranque a riada.
|
||||||
| Nome castelán |
Sauce ceniciento, sarga negra, salguero negro, sauce, bardaguera.
|
||||||
| Dimensións |
|
||||||
| Identificación: |
Fotografía de salgueiros no río Miño, zona de reza en Ourense.
Do tronco, moitas veces salen varias ramas.
|
||||||
| Habitats: |
O habitats do slagueiro son as beiras dos ríos de toda Galicia. Dende logo é o salgueiro máis común en Galicia.
Teño visto salgueiros moi bonitos e grandes, por exemplo no Ulla en Gres. Normalmente, polo tanto, están nas beiras dos ríos galegos o lado de amieiros e bidueiros.
As veces están no mismo centro dos ríos. Os salgueiros, a diferencia doutras árbores que teñen frores hermafroditas, só posúen flores dun sexo en cada individuo. O salgueiro macho posee a flores masculinas, e o salgueiro femia as femininas.
O encargado de arranxar o asunto é o vento e ocurre de todo. É moi curioso, pódese ver o salgueiro espido completamente no mes de febreiro pero coas flores nas pólas. Incrible.
Debido o anterior enténdese que hai cantidade de salgueiros, xa que posuen unha facultade máxica para crear híbridos. Nesta ficha estamos a referirnos o Salix atrocinérea.
|
||||||
| As Saucedas: |
As Saucedas son bosques de ribeira que se forman cós sauces. Por saucedas enténdese todas aquelas formacións riparias dominadas polo sauce negro, ou sexa polo Salix atrocinérea, que é o caso. Por exemplo:
Na fotografía vese un bosque de ribeira de sauces, trátase de unha sauceda (en castelán). Concretamente é unha sauceda negra arbustiva típica do río Tuela en Zamora, moi preto da provincia de Ourense (O pasar o Padornelo, na misma baixada, está este precioso río...). A fotografía está sacada do libro "La vegetación de Ribera de la mitad norte de España" . Caracterízanse por un verdor intenso oscuro moi bonito. Logo por un amarelo sensacional.
Esta sauceda é no río Lor. Marabillosa. O que ocurre é que nela hai tamén amieiros, o fondo a esquerda.
|
||||||
| Flores: |
Salgueiro en flor no río Navea.
|
||||||
| Froito: |
|
||||||
| Tronco: |
Tronco de salgueiros no río Miño na zona de Reza.
Tronco similar. O tronco e pardo grisáceo, por regra xeral, ten estrías lonxitudinais.
Salgueiros no río Navea.
|
||||||
| Interés: |
Os salgueiros son básicos nos ríos galegos. O salgueiro desempeña un papel importantísimo nas riadas, xa que aguantan moito. As súas raíces agárranse moito o chan e nas crecidas aguantan o que veña. Son básicos nos ríos.
|
||||||
| Protección: |
Non está protexida. É máis, nos últimos anos as serras de moitos concellos da provincia de Ourense, dan boa conta deles; realmente hai moito descoñecemento no tema.
|
||||||
| Curiosidades: |
A cortiza é moi rica en tanino e contén salicilina (que foi a base dun medicamento que está entre os máis importantes de tódalas épocas a aspirina. A aspirina está considerada dentro dos 100 inventos do século XX máis importantes).
Os salgueiros, nas crecidas, resisten o que lle boten. Na fotografía, sacada en maio do 2000 por debaixo do encoro de Belesar, no río Miño, que tiña abertas as comportas, demostro claramente o que estou a decir. Os salgueiros aguantan todo. Había unha forte corrente, pero os salgueiros ahí están resistindo.
O quitar salgueiros e amieiros da beira dun río é un suicidio, que se veu a demostrar nas riadas que houbo en Galicia no ano 2006. Tanto canalizar os ríos, cortar árbores, edificar a súa beira, non deixar lugares para que o río, nunha chea, teña lugares para expandir as súas augas, que o final veñen as desgracias. O malo é que a natureza non ten volta atrás. O mal está feito e prácticamente esto non ten solución.
Salgueiros en Ourense, no río Miño, demostrando unha vez máis o que estou a decir, con respeto a esta árbore sensacional. O salgueiro é unha árbore máxica en centroeuropa, de feito a palabra inglesa que o designa quere decir bruxa. En Galicia o salgueiro no está así considerado pero dende logo utilizouse entre outras cousas para descubrir pozos de auga, defeito facíase unha especie de y coas ramas, esta y collíase coas dúas mans e así camiñando ibase explorando o terreno en busca de auga, si nun lugar había auga notábase a atración.
|
||||||
| Os salgueiros e as cheas nos ríos: |
Os salgueiros resisten as cheas. Ademais de resistir as cheas son básicos para que as cheas non vaian a máis. Un río sin árbores de ribeira é unha auténtica bomba. Na fotografía o Río Umia. Ver os salgueiros non medio do río resistindo a tope. A pena é que estos salgueiros e esa ponte xa están baixo as augas (abril do 2001) dun encoro irracional e inútil, o encoro de Caldas de Reis, Monumento a Prepotencia da Xunta de Galicia de Fraga Iribarne e o P.P. Ano 2001. ¡Menuda salvaxada!.
|
||||||
| Os salgueiros en Ourense nas enchentas de decembro e xaneiro 2000 - 2001: |
SALGUEIROS NA CHEA DO 2000 EN OURENSE
Os salgueiros en abril do 2002, xa recuperados de forma natural. Moita xente ten a serra preparada e non se para a pensar o que supón cortar unha árbore.
|
||||||
| A moda dos paseos e praias fluviais en Ourense e tamén en Galicia: |
OS BOSQUES DE RIBEIRA E OS PASEOS FLUVIAIS. Realmente nada xustifica a desfeita dun bosque de galería de salgueiros e amieiros incluso nas ciudades ou vilas, sin embargo está de moda o talar árbores e encauzar os ríos.
|

Salgueiro en flor no río Navea.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------
Os salgueiros son abondosos nos ríos galegos pero hai de varios tipos. Ver os máis coñecidos:
|
Ficha do Salix eleagnos un dos moitos salgueiros que hai en Galicia.
Para profundizar nas diferencias, aparte de bibliografía que aparece abaixo, podedes consultar en internet este link.
En fin...moitos salix. Todos teñen en común que están a carón do río, en primeira liña, as follas son moi alongadas e o tronco xa nace casi bifurcado en moitos. Ademáis, por regra xeral non botan moita altura.
Na fotografía sacada do libro "La vegetación de Ribera de la mitad norte de España" vese unha comparativa das follas (o envés) de algúns salgueiros. Vese que o Salgueiro Salix atrocinerea non é sedoso nin presenta aspecto de borra pola parte de atrás. Os nervios están tamén moi marcados. Normalmente de xoven presenta uns peliños bermellos a folla pola parte de atrás, osea no envés.
|
Estos salgueiros merecen a miña noraboa en Ourense, no río Miño. Ano 2005. ¡Marabilloso!. Primeiro porque resistiron todas as enchentas, como a do ano 2000, onde o río pasou por riba deles... Si os deixan haberá salgueiros para centos de anos. E segundo tamén resistiron a tala do Concello de Ourense, especialista en eliminar árbores. Nos últimos anos desapareceren moitísimos árbores da beira do río Miño, talados a tope, así: amieiros, almeces, lamagueiros, chopos e un longo etc.
A SERRA DO CONCELLO DE OURENSE
Esta fotografía do 2002 é unha mostra pequena da desfeita feita nas beiras do Miño, nesta caso na praia da antena. Na praia antigua "da concha", enfrente dos caños taláronse, todos prácticamente, os chopos. En frente da foto moitos amieiros. A carón da Ponte do Milenio, almeces e outras árbores, en fin un auténtico desastre.
Ver as fotografías de fai dez anos e ver as de hoxe. Incrible. ¡Sorte para estos salgueiros que están un pouco metidos no río, calquera día desaparecen...!.
Na fotografía salgueiros no río Miño en Ourense. Teñen sorte que están un pouco metidos no río, si non a "serra do Concello" xa os tería eliminados. Son especialistas...
Notas: no libro citado, Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar, veñen nada menos que 10 tipos de salgueiros distintos.
Fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.Tamén a guía multimedia para coñecer as árbores , de Barcelona Multimedia.
Tamén o libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España", de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja.
Por último o libro "Espazos naturais. Provincia de Ourense" da editorial A nosa Terra e de autores Adela Leiro, Mon Daporta e Víctor M. Caamaño Rivas.

Fotografía do autor da web brotando o salgueriro. Río Barbañica. Ourense 2007.

Outra marabilla no mesmo lugar.

Foto Secundino Lorenzo. Autor da web. Ourense 2007.