Populus alba. Chopo Branco. Lamagueiro (Álamo blanco)
Úsase moito en Ourense para as beiras dos camiños e as estradas o mesmo que o anterior. É, polo tanto, moi abundante en Ourense.
Está nunha segunda liña de árbores dos ríos. Nos ríos hai moitos. A madeira non é moi forte e utílizase para embalaxes. Tamén se ven nos xardíns.
A súa identificación é doada xa que o tronco é tirando a branco agrisaceo con motas negras. A súa forma é característica. As follas dicen blancas polo envés. Pódese confundir có bidueiro, pero as follas do chopo son distintas, entre outras cousas.
Tamén se chama en galego Lamagueiro ou Lamigueiro.
![]()
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Flores | Froito | Tronco |
| Interés | Bibliografía |
Fecha actualización: 25/12/2006 |
| Nome científico |
Populus alba L.
Nota: alba refírese o denso tomento que teñen as follas polo envés, de cor blanco.
|
||||||||
| Nome galego |
Chopo branco, choupo branco, lamagueiro
|
||||||||
| Nome castelán |
Alamo común, Álamo blanco
|
||||||||
| Dimensións |
Árbore que pode botar ata 30 metros. Pode presentar diámetros do tronco moi grandes ata 3 metros. Copa amplia e irregular.
|
||||||||
| Identificación: |
As follas presentan duas formas no mesmo árbore palmeadas e ovaladas.
Nesta fotografía vense as dúas formas de follas observar a parte de arriba e a de abaixo e ver que son diferentes. Ver tamén o dibuxo de abaixo deste texto.
O choupo prateado pode confundirse co bidueiro, pero as follas son diferentes, tamén a árbore, o choupo é máis grande.
As follas do bidueiro son máis aserradas. As follas dende logo son verdes polo haz e máis brancas polo envés.
Propiedade interesante. Dende logo eu penso que é inconfundible, ten ata 25 metros, o seu tronco é branco con esas motiñas negras, doado de distinguir.
A dereita un chopo branco É unha árbore erqueita, a movilidade das súas follas é tamén típica xa que tremen , axítanse. Distínguese de choupo negro entre outras cousas polo tronco que lle da nome.
|
||||||||
| Habitats: |
Ribeiras dos ríos e lugares frescos. Na fotografía pode apreciarse na parte de arriba as follas que co vento ensinan o envés, dende logo máis blanco. A parte de abaixo é máis verde.
|
||||||||
| Flores: |
Flores verdosas. Floración precoz entre febreiro e abril.
|
||||||||
| Froito: |
O froito é unha cápsula de 4 mm., primeiro verdosa e logo marrón.
|
||||||||
| Tronco: |
Dereito, cilíndrico. ( Fotografía de Virginia Tech).
A súa madeira:
|
||||||||
| Interés: |
Árbore de gran valor ornamental, empregada en parques e xardíns. A madeira é pouco resistente, emprégase para carpintería lixeira. As follas e cortiza teñen propiedades astrinxentes. Mediocre combustible.
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía están sacadas da Guía para coñecer os árbores de Barcelona Multimedia.