|
|
Nome científico Nome galego e outros. Nome castelán Dimensións Identificación Habitats Niños Alimentación Protección Canto do merlo Folclore do merlo Videos Vese nos meses de...
Nome científico
Turdus merula
Taxonomía:
Reino: animalia
Clase: Aves
Orden: Passeriformes
Familia: Turdidae
Xénero: Turdus
Especie : Turdus merula
Nome galego
Merlo, merliño
Outros nomes: en Portugal chámase melro, en Cataluña dise Merla e en Euskadi dise zozo.
Nome castelán:
Mirlo
Dimensións
25 cms. Trátase dunha ave máis ben grande. Distínguese de tódas formas dos corvos xa que os merlos son máis pequenos.
A envergadura vai os 36 cms. de media.
Identificación:
O macho é totalmente negro. O peteiro alaranxado.
As femias son pardas moi oscuras.
A esquerda o merlo femia, máis pardo oscura, e a dereita o merlo macho.
Alimentación:
Come de todo, frutos e insectos. Come tamén arañas e miñocas.
Habitats:
Campos, fragas, xardíns, hortas , sempre que haxa vexetación a media altura.
Vese tamén a carón dos ríos.
Niños:
Cría en hedras e silveiras. Fai un niño bastante voluminoso sobre 2 metros do chan.
Pon entre 3-4 ovos que choca a femia durante 14 días. Os polos voan as dúas semáns.
Protección:
Especie vulnerable.
Oir como canta e ampliar datos.
![]()
Os datos do canto están sacados dunha www sensacional La Sociedad Albacetense de ornitología.
Folclore: Entre outras moitas cancións escollo "O Sacristán de Coimbra" onde se fai referencia a un merliño de pico encarnado ou alaranxado.
A canción, que é preciosa dice así:
O sacristán de Coimbra//facía dez mil diabluras// Mollaba o pan en aceite//deixaba os santos a escuras.
E vate fado//e vate ben//ti es a causa do meu querer.// E vate fado, e vate forte,//ti es a causa da miña morte.
O mar tamén ten amores,// o mar tamén ten mulleres//.Está casado coa area//dalle bicos cando quere//.
Fotografía sensacional sacada desta dirección.
© Leif Høxbroe
Eu quixera ser merliño// e te-lo bico encarnado.//Para face-lo meu niño//no teu cabelo dourado.
Vese nos meses de...
Realmente vese todo o ano.