Natrix maura. 

Cobra sapeira. (Culebra viperina).

 

Esta cobra tamén é inofensiva maila que o seu aspecto, sobre todo o que adopta cando se ve en peligro semella outra cousa.

Parece unha víbora cando se ve atacada.  O seu dibuxo en zig-zag,  pode semellar unha víbora. 

Os ollos son redondos, o que a distingue perfectamente das víboras.

É unha cobra que se atopa nos ríos con facilidade.

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Natrix maura. Características

 

 

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

NOME CIENTÍFICO

Natrix maura (Linnaeus, 1758).

O nome de natrix venlle de nadadora. Maura ben de Mauritania, ou sexa culebra moura, é un decir. O caso é que no río é única, efectivamente nada fora de serie...

Chámase culebra viperina en castelán xa que cando a molestamos fora do río, enróscase, incha o corpo, fai triangular a cabeza e bufa e as veces si nos descuidamos morde. Tal cual unha víbora. O mellor...deixala escapar e chegar o río.

Taxonomía:

Reino: Animalia

Clase: reptilia

Orden: squarnata

Suborden: serpentes

Familía: colubridae

Género: Natrix

Especie: Natrix maura

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

 galego

NOME GALEGO:

Cobra sapeira. Cobra de auga viperina.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN

Culebra de agua. Culebra viperina.

 

As razóns do nome están claras.

O nome de natrix venlle de nadadora. Maura ben de Mauritania, osea culebra moura, e un decir. O caso é que no río é única, efectivamente nada fora de serie...

Chámase culebra viperina en castelán xa que cando a molestamos fora do río, enróscase, incha o corpo, fai triangular a cabeza e bufa e as veces si nos descuidamos morde. Tal cual unha víbora. O mellor...deixala escapar e chegar o río.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS:

Ata un metro.

O normal é entre 80 a 85 cms. os machos e entre 95-100 cms. as femias

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN:

Ollos redondos. Ou sexa pupilas redondas (ver fotografía). O dibuxo en zig-zag é o que a distingue da Natrix natrix, pero ollo que a librea pode variar bastante. Tamén cuidado xa que : parécese moito as víboras, excepto na pupila que repito é redonda.

riosnat8.jpg (47410 bytes)

O aspecto cambia moito. O fundamental é o ollo redondo, pupila negra rodeada dunha orla amarela intensa no iris.

Ollo da Natrix maura. Negro e rodeado de amarelo. Fotografía do libro "Guía de las serpientes de Europa" de  Silvio Bruno e Stefano Maugeri.

 

A mesma fotografía anterior.

A Natrix maura distínguese da Natrix natrix xa que ten detrás do ollo soio dúas escamas e non tres como ten a Natrix natrix.

Vese mellor nesta fotografía:

Natrix maura.

Esta é a Natrix natrix observar as tres escamas detrás do ollo.

Na terra é moito máis lenta que a Natrix natrix e na auga é a mellor, unha auténtica marabilla pescando, nadando e buceando.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

ALIMENTACIÓN:

A natrix maura comendo un sapo.

Todo tipo de ras e tritóns. Tamén come peixes. Trátase de todo un especialista na auga. Teño collido algunhas  que levaban unha troita na boca, sácalas da auga cun pau e non soltar a troita, que levan collida polo medio da barriga, xusto por debaixo. Incríble, pero certo.

Pode papar peixes de ata 15 cms, directamente. Si os peixes son maiores saen fora e tragan perfectamente como todas as cobregas, dilatando a boca e o que faga falta.

Na fotografía remata de coller unha boga.

A boga vaina tragar empezando sempre pola cabeza, así leva a favor a escama do peixe.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

HABITAT:

Preto dos ríos e charcas. Cando está tomando o sol e vese sorprendida enseguida se mete no río, onde pode permanecer moito tempo debaixo da auga. Esta cobra non é terrestre, é exclusivamente acuática.

Resumindo: ríos, regueiros, lagoas, xunqueiras, charcas...das que non se distancia, son a súa vivenda.

Fotografía de Rasmont.

En terra é máis torpe que outras cóbregas, pero no río nada moi ben.

Atópase moi ben, tanto fora como na orilla dos ríos cando a temperatura oscila entre 20 - 35ª C.

Pode permanecer na auga sobre 20 minutos, sin saír a respirar.

A súa posición normal e nunha beira, sumerxida entre as herbas e coa cabeza fora da auga, respirando.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

VESE NOS MESES:

Marzo a novembro.

É bastante común nos ríos de Ourense  en xeral. Vese por suposto máis cando fai calor e no verán.

Teño visto moitas veces a esta culebra con troitas e peixes na súa boca saíndo da auga para comer fora da mesma.

Moitas veces, no campo, sábese si hai ou non culebras por determinadas pistas por exemplo o cambio de camisa. Normalmente aparecen as vellas.

Ver fotografías de mudas:

Intentando quitar a pel ou camisa.

Remate. A pel queda abandonada.

Tamén por suposto polo rastro que deixan.

Ver rastro.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción :

REPRODUCCIÓN:

O celo ocurre por abril-maio, a posta ten lugar en xuño-xullo, en lugares cálidos e húmidos.

A cópula dura aproximadamente unha hora.

A ovulación ten lugar en xuño, entre 4 a 24 ovos.

Ovos da natrix maura.

 A eclosión dos ovos soe ocurrir a finais de agosto-setembro.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

Pódese calificar en Galicia de común, se ven facendo unha distinción entre o tercio norte, onde se fai notablemente escasa, e o resto onde é moi abondosa.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

INTERÉS:

De interés especial.

Cumple a súa misión no río e fora do río.

A tendencia da xente con todo tipo de culebras é a matala, cousa que non entendo non entenderei nunca.

As culebras de río non rematan coa pesca, como algúns pescadores de pacotilla afirman, que realmente remata co río son eles precisamente, usando malas artes, peixes fora da medida, envelenamentos etc. Por suposto tamén as industrias e pobos contaminadores, minicentrais que incumplen as normas legais, etc.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

PROTECCIÓN:

Non está protexida.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Diferencias cás víboras:
DIFERENCIAS COAS VIBORAS:

 

riosnat8.jpg (47410 bytes)

Esta cobra de río é totalmente inofensiva, pero parécese moito as víboras cando se ve atacada.

No dibuxo do lado vese claramente como é a pupila da Natrix maura e totalmente redonda.
..

A pupila das víboras é complementamente distinta.

Hai outras moitas diferencias que podedes ver nun libro moi bon que cito na bibliografia.

..

Víbora berus.

Observar que as fotografías do zig-zag son prácticamente iguais.

É definitivo a forma da cabeza e por suposto os ollos.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

CURIOSIDADES:

É moi voraz pode consumir nunhos minutos varias presas. É bastante comúns atopalas no período de celo misturadas e apelotonadas moitas culebras xuntas.

Ten dúas mudas da pel o ano.

Muda normal.

Ten moitos inimigos, aparte do home, a contaminación e por suposto as aves rapaces diurnas, as garzas e os mamíferos como o ourizo, etc.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Peligrosidade:

É INOFENSIVA.

A súa mordedura non é peligrosa. É totalmente inofensiva para o home. O peor,  é tela seguridade de que cando morde unha cóbrega non sexa unha víbora. 

Hai que pensar que esta cóbrega parece tal cual unha víbora, cando se ve atacada, bufa moito e pon a cabeza en forma triangular. A distinción está na pulila que é redonda.

De tódolos xeitos si non se da cazado a cobrega o mellor é usar as precaucións como si fora víbora. Facer o torniquete e acudir a un médico o antes posible. De tódolos xeitos ante unha mordedura tamén se pode distinguir si é ou non de víbora. Ver as fichas destos réptiles.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía devorando sapo:

FOTOGRAFÍA:

A natrix maura comendo un sapo.

Na fotografía devorando un sapo enorme. Estes sapos e ras nonos estrangula, comeos vivos, por certo que berran moitísimo, non me extrana.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Rastros na terra, diferencias entre culebras e víboras:

Rastros, diferencias entre as culebras e as víboras:

Rastro de víbora.

 

Rastro ou pista de culebra.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Bibliografía da ficha:

Fonte: "Esos anfibios e reptiles gallegos". Jose Curt y Pedro Galán.

Tamén hai datos sacados do libro "Guía de las serpientes de Europa" de  Silvio Bruno e Stefano Maugeri 

Outros datos e fotografías están sacados do libro "Los anfibios y los reptiles en su medio" de Bernard Le Garff.

"Cuadernos de campo", víboras y culebras. Dr. Félix BRodríguez de la Fuente.

Volver a características

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.