..
..
É unha planta moi curiosa e digna de observar xa que é carnívora. Por suposto pódense atopar en algúns ríos galegos, de augas tranquilas.
Vive a deriva nos ríos, as súas presas son diminutos habitantes do plancton do río.
As flores son amarelas e están formadas por dous labios, están dispostas en acios de 4 a 10, no extremo dun talo mergullado no río, lagoas ou charcas.
Hai máis de 200 especies de utricularia.
![]() |
|
Tallos endebles de ata 1 metro.Follas de ata 3 cms, con dous lóbulos dende a base, divididos pinnadamente en segmentos capilares denticulados; ampollas de ata 3 mm. capturadoras de invertebrados, polo que esta planta é carnívora. Inflourescencia que emerxe da auga e 10 a 30 cm. con 4-10 flores, brácteas de 5 mm. |
Pendúnculos moi curvados en froito. Corola de 12-18 mm, amarelo forte. Froito de 3-5 mm. globoso. Vive flotante e mergullada en aguas tranquilas dos ríos galegos. |

Aquí vese a flor da Utricularia e tamén a parte mergullada.
Descoñezo o autro destas fotografías.
Hai moitos tipos de utricularias esta é a Utricularia australis. Todas teñen unhas flores que chaman a atención: esta por exemplo é amarela.
Tamén como curiosidade decir que teñen unhas vesículas ou ampollas que actúan de boca, cando un bichiño(pequenos insectos ou protozoos) tocan estas vesículas, nunha fracción de segundo 15/1000 péchase e queda atrapado.
En castelán algúns dinlle "col de vejigas".
A Utricularia australis está actualmente ameazada. Especie vulnerable.
Vive en augas tranquilas con non moita corrente e fondos areosos. Sobre todo charcas e pequenas lagoas.
Viven misturada con outras plantas como os xuncos, potamogetón , etc.
Reprodúcese por semillas.
Neste dibuxo vense perfectamente as vesículas desta planta que son coas que atrapa os insectos. Están lóxicamente na parte mergullada.
A palabra ampolla penso que é máis adecuada, en realidade parece que se enchen de auga e que se se pechan, dentro, as veces, quedarán os pequenos protozoos ou os insectos cós que se alimenta a utricularia.
Unha planta moi curiosa.
O texto do principio está sacado do libro de Mariano Garcia Rollán "Claves de la flora de España". 1981.
![]()