|
|
Sapo corriqueiro: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións-Identificación | Habitat | Alimentación |
| Reproducción | Distribución Galicia | Interés |
| Curiosidades | Protección | bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Fotografía de Lars Bergendorf Bufo calamita. ( Laurenti 1768)
|
||||
| Nome galego |
Sapo Corriqueiro
|
||||
| Nome castelán |
Sapo corredor.
|
||||
| Dimensións |
Entre 9 cms e 10 cms das femias.
|
||||
| Identificación: |
Sapo máis pequeno có Bufo bufo, prácticamente a mitade, a súa característica principal é ter o dorso cor de area apencado de manchas grandes escuras e unha liña moi clara que vai dende o fuciño á cloaca, a liña e de cor amarela. As partes inferiores son granuladas.
Ten unha especie de verrugas aplastadas de cor vermello e negras.
O iris do ollo é amarelo con manchiñas negras. O ollo é horizontal.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Gústanlle moito as formigas, pero non desprecia miñocas, caracois, lesmas, etc. Algunhas presas fai a súa captura á carreira. Por eso o de sapo corriqueiro (corredor).
|
||||
| Habitats: |
Ten teima polos solos areosos ou de xabre.
|
||||
| Reproducción: |
O ciclo de reproducción comenza un pouco máis adiantado que o sapo Bufo bufo, tamén en marzo, pero cando máis se manifesta é no fin da primavera, xúntanse os machos as beiras dos regos e emitindo os típicos sons "afrautados". Os ovos aparecen en cordóns xelatinosos e as larvas, son negras. Rematan o proceso no verán.
As larvas, verde-anegrexadas, son os cágados máis pequenos da nosa fauna e rematan o seu desenvolvemento por maio-xuño na costa, ou polo verán na montaña.
Este dibuxo mostra a evolución dos cágados do Bufo calamita.
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios. Para os labradores é unha bendición xa que limpa os terrenos de moitas plagas.
|
||||
| Protección: |
No está protexida que eu sepa.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos lugares máis, por soposto. É moi abondoso en Ourense na zona de Verín e polo Barco e a Veiga. Chega ata os 1900 metros en Trevinca. Mais escaso en Lugo e Pontevedra. Máis abondoso na Coruña.
|
||||
| Curiosidades: |
Sapo de hábitos estríctamente nocturnos que pasa os invernos inactivo, soterrado. Movementos moito máis áxiles que o Bufo Bufo, moitas veces corre pero rara vez brinca. É máis resistente que o Bufo bufo a deshidratación, feito que se debe a que escava máis, a súa querencia por solos arenosos ou de xabre, pode explicar o anterior.
Cando o atacan toma este aspecto.
|
Fonte: O libro Anfibios españoles de Alfredo Salvador y Mario Garcia París. Deste libro saquei a fotografía principal.
Tamén o libro Peixes, Anfibios, réptiles e Mamíferos da colección patrimonio ecolóxico da Sociedade Galega de Historia Natural.
![]()