|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Reproducción | Vese nos meses de... |
| Interés | Protección | Curiosidades |
|
|
Tipos de segadores |
|
![]()
| Nome científico |
Leiobunum Rotundum
Taxonomía:
Nota: hai sobre 200 especies de opalións.
|
|
| Nome galego |
Opalions. Segadores.
|
|
| Nome castelán |
Segadores. Opaliones.
|
|
| Dimensións |
5 a 6 mm. As patas soen ter varios cms.
|
|
| Identificación: |
Nesta fotografía vese o macho. Ten oito delgadiñas e longas patas, como todo arácnido. O corpo é pequeniño. No corpo no hai división de ningún tipo. A femia é máis grande que o macho.
Estos animais confúndense coas arañas, pero está claro nas fotografías que o corpo non está dividido claramente en dous segmentos ( sí as arañas). Non teñen quelíceros venenosos e non fabrican seda. Teñen dous ollos, colocados nunha especie de torreciña cerca do centro do dorso. A maioría maduran o longo do verán por eso o seu nombre en castelán de segadores.
O normal é que sexan blandos pero dende logo teñen moitas proiecións espiñosas, como pode verse na fotografía. A primeira parte das patas son lisas pero das outras patas saen segmentos espiñosos. Normalmente son nocturnos pero tamén son diurnos.
|
|
| Alimentación: |
Aliméntase dunha amplia gama de animais mortos e vivos que se atopan pola súa beira. En xeral son depredadores de restos orgánicos en descomposición.
|
|
| Habitats: |
Moi común en terreos escabrosos de todo tipo.
Nesta fotografía vese un dos habitats máis singulares desta especie. As paredes da roca estaban cubertos de segadores, todos eles xuntos e en gran abundancia. ¡¡ Chamoume moito a atención a mín e o meu colega Felix !!.
Así estaban os opalións. Por certo a fotografía está sacada no verán do 2001, nun "embarque" que lle metín o meu amigo Felix, pero non así a outro compañeiro Hilario, que apareceu no lugar con algunhas troitas de bon ver. Dende estas liñas, pídolle perdón a Félix. A zona é incriblemente bonita pero peligrosa de acceso. ¡¡ Unha aventura!!.
|
|
| Reproducción: |
As femias despois da copulación poñen os ovos sobre a corteza ou en gretas do chan. As crías permanecen na vexetación baixa o principio e logo trepan as árbores e os arbustos da zona.
|
|
| Vese nos meses: |
Nesta fotografía vese a femia. Xuño e xullo. Estos animais confúndense coas arañas, pero está claro nas fotografías que o corpo non está dividido claramente en dous segmentos ( sí as arañas). Non teñen quelíceros velenosos e non fabrican seda.
|
|
| Interés: |
O interés dos opalións está claro aliméntanse de mosquitos e outros insectos que habitan as beiras dos ríos. Como todo ser animal ten a súa misión e o seu lugar.
|
|
| Protección: |
Que eu sepa non está protexido.
|
|
| Curiosidades: |
Ten oito delgadiñas e longas patas, como todo arácnido. O corpo é pequeniño. No corpo no hai división de ningún tipo. É abundante en terrenos escabrosos. A verdade que os había a centos nas paredes dunha garganta no río Bibei en Ourense. Por eso decidín porlle unha ficha.
|
|
| Tipos de segadores: |
Evidentemente hai moitos tipos de opalións ou segadores, todos eles teñen en común ser aparentemente arañas, pero en realidades son un corpo globoso ou subesférico, patas moi, moi longas, o corpo entre 2 mm. e 20 mm. Están presentes incluso nas ciudades, sobre todo nos parques e xardíns, e por suposto nas beiras dos ríos.
Son tamén solitarios, pero as veces preséntanse en forma gregaria, con centos de individuos todos xuntos, entremezclados. Así foi como eu os descubrín.
|
![]()