Oryctolagus cuniculus.

O Coello. (Conejo)

 

Trátase dun mamífero herbívoro. Un animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos.

En tempos abondaba moito máis que hoxe, a caza, sin dúbida,  afectou moitísimo a esta especie, inda que os seus problemas principais son os incendios e as enfermedades. Por suposto os furtivos tamén fixeron das súas...

É unha magoa. Un animal que nos cae simpático a todos.

 

 Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O COELLO:

Oryctolagus cuniculus.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Oryctolagus cuniculus

 

Reino: animalia.

División: Chordata

Clase: Mamalia

Orden: Lagomorpha

Familia: Leporidae

Xénero: Oryctolagus

Especie: O. cuniculus.

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Coello, coenxo (en castrapo...conexo).

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

O coello de monte.

Conejo.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

O coello de monte.

Entre 33 y 40 cms Ancho ata 7-11 cms. Peso 2 a 7 kg.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

   A Cor da súa pelaxe é gris máis ou menos oscura. O abdomen e parte inferior do rabo blancos.

As orellas son longas pero non tanto como a lebre.

As patas traseiras tamén moi longas e terminadas en puntas negras, por supostos moito máis vigorosas que as patas dianteiras.

Dicen os cazadores que o coello de monte nunca debe pasar de 1,5 kg. de peso;  as orellas, unha vez morto, non deben pasar do fuciño;  e debe ter a cola blanca na parte inferior e ser do mesmo cor no resto.

O coello en libertade pode vivir de tres a catro anos.

    Os excrementos son moi característicos. Son esféricos de 1 cm de diámetro aproximado. A súa cor depende dos alimentos que consume pero vai dende o negro ata o gris. Son característicos os seus retretes ou cagurreteiros onde se acumulan moreas de cagarretas.

Fotografía sacada deste link

 

O sexo, ou  sexa distinguir o macho da femia,  hai que facer a proba que llaman os cazadores de "el sexado en mano", ou sexa comprobar o xenitais do coello.

En canto a edade saber que os coellos ata os nove meses presentan no cúbito un abultamento típico.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A reproducción:

 

O coello posee unha xerarquía moi marcada en torno o tobo, a súa familia componse de varias femias e un macho adulto dominante, logo hai varios machos máis xóvenes e varias femias.

O apareamento é durante todo o ano, pero sempre coincidindo coa abundancia de comida nos montes en que vive.

A preñez bota entre 28 a 33 días, normalmente soe ter 5-7 partos o ano.

Veñen o mundo entre 3-9 crías cubertas de pelo e cos ollos pechados, e pesan entre 40 a 50 gramos, son amamantadas durante 3-4 semáns e logo independízanse a quinta semáns.

Incríble a súa rapidez.

O coello considérase adulto os 8 meses con un peso aproximado de 1 kg.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

 

Moitos, entre eles o home e os incendios, a caza furtiva, as excesivas pistas forestais que permiten a caza furtiva, etc.

Os seus inimigos naturais , de tódolos xeitos, son os lobos, o zorro, os buhos, as águias, etc. Ten moitos.

Tamén as enfermedades. En particular a mixomatosis, unha enfermedade vírica que está a rematar con esta especie.

Coello enfermo por mixomatosis.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación

Fundamentalmente vexetariana : gramíneas, herbas, raices de plantas, talos, etc.

 

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Habita en xeral montes e bosques. Quere normalmente monte baixo, con solainas. Necesita tamén un terreo que sexa compacto para poder facer o seu toco ou toba.

O único que lle interesa é que poda excavar o seu toco, toba  ou madriguera (en castelán), que en galego tamén se chama  toqueira ou tobo. Polo que o terreno debe permitir facer os tobos.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de...

Fai anos víaxe todo o ano, polo menos os seus excrementos e os seus tobos. Hoxe prácticamente xa hai moi poucos en Galicia.

 

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Moito interés. É un mamífero básico como alimentación de moitas especies. Por outra banda é a estrela en Galicia da caza menor. Sempre o foi.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

 

Ningunha.

Dende logo Galicia non é hoxe nin a sombra do que era en coellos. Xa o dixen: os lumes, a caza excesiva, os furtivos, as pistas e un logo etc.  fixeron que hoxe esté a tocar mínimos. Pero pode facerse moito polo coello.

Por suposto que non teñamos incendios nos montes e limpar e desbrozar facendo o habitat mellor. En definitiva mellorar o medio.

 

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución do coello en Galicia:

Esta en regresión pola caza e sin dúbida polos incendios que arrasan Galicia ano sí e ano tamén.

Tamén a excesiva proliferación de pistas forestais, que sin dúbida favorecen a súa caza furtiva.

Hai que citar tamén as enfermedades que padecen en particular a mixomatosis.

Coello enfermo por mixomatosis.

O coello en Ourense ten algunhas zonas boas por Viana do Bolo, a Cañiza, a Mezquita e pouco máis. Realmente xa empeza a escasear bastante, a pesares de ser a peza estrela da caza menor en Ourense.

Dende logo a xestión do monte e outras medidas escasean bastante...

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre o coello:

Especialmente recomendo o seguinte: El conejo.

 

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O coello en crisis:

En moitos lugares de España o coello, actualmente no ano 2005, está nunha crisis profunda. En principio nos anos 1960 en adiante foi a mixomatosis a causa principal. Logo foi a NHV (neumonía hemoráxica vírica) que deixou as poblacións de coellos moi tocadas. Fálase dunha reducción en España do 80% das poblacións.

Hoxe có lince tamén na UVI da natureza, o coello estase a prestarlle máis atención, por suposto non en Galicia. De momento na lista da UICN figura o coello catalogado como "Preocupación menor", realmente para chorar...

A revista Quercus nun artigo do mes de octubro do 2005, do que saquei ideas e algunhas fotografías" analiza o tema sarcástico anterior e fala de duas razóns, para que no se tomen as medidas que se deberan tomar: primeiro fala dos cazadores, como a causa negativa de que no se tomen medidas que equivaldrían a deixar de cazar simplemente. Como segunda razón alude os agricultores que se verían afectados pola obligación de facer descastes e certos controis.

As cousas pintan moi cal para os coellos...está claro.

O artigo aboga por facer algo científicamente e non deixar morrer definitivamente esta especie emblemática dos nosos montes.

 

Ir a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os coellos en Ourense

Gústanme os coellos, gústanme velos nos nosos montes.

O coello sempre foi a peza estrela da caza menor en Ourense.

Este é o mapa da provincia de Ourense onde de cor marrón están as zonas onde hai coello non de forma óptima e de cor azul as zonas onde o coello escasea. As zonas amarelas de altos índices de coello non existen.

A destacar algunhas zonas con Bande, Calvos de Randín, Baltar no Sur. Viana e Vilariño  a Gudiña e a Mezquita no este. Maside, Irixo, Piñor de Cea no norte. E tamén o cañón do Sil na súa maioría.

Estos datos son do ano 2000 e están sacados do libro "Guía de turismo cinegético en la provincia de Ourense" editado pola Camara de Comercio de Ourense.

Ir a características