Populus nigra. Chopo negro. (Chopo).

Son árbores de moita altura, ata 30 metros.  Fai tempo había moitos nas estradas. É unha árbore moi doada de distinguir.  Está na segunda liña dos ríos galegos, despois dos salgueiros e bidueiros.

En Ourense, no río Miño, na praia da Concha (hoxe non é praia) había moitos (está de moda cortalos...). Tamén en Reza vense moitos.

En galego tamén se chaman negrillos, choupos,  lamagueiros ou lamigueiros.

A variedade Itálica é moi típica nos ríos galegos. Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do CHOPO

Nome científico Nome galego nome castelán
Dimensións Identificación Habitat
Follas Flores Froito
O tronco e a madeira Interés Fotografías en Ourense.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Chopo por Reza, a beira do río Miño, en Ourense. Alí hai moitos...

Populus nigra L.

Nota: populus fai referencia o pueblo e polo tanto refírese o gran coñecemento que ten a xente desta árbore.

Clase: Anxiospermas

Ode: Salicales

Familia: Salicáceas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Choupo a beira do río Miño por Reza en Ourense.

Chopo negro, lamigueiro, Choupo negro, negrillo,  álamo mouro, álamo negro, lamagueiro, álamo mouro.

Nota: en Ourense os chopos máis grandes chámanlle choupas.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Alamo negro, chopo común.

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións.

Un choupo o lado do río Miño.

Choupo negro, variedade itálica.

Árbore que pode botar ata 30 metros. A variedade da fotografía é a Itálica, por suposto hai outras. A fotografía está tomada en Ourense, na Ponte Vella.

A variedade da fotografía,  é a non itálica. En Ourense na marxen esquerda do río Miño, por debaixo de Oira hai uns cantos choupos negros.

Na fotografía vese un chopo negro a esquerda e un chopo branco a dereita.

Hai varios tipos:

No dibuxo as duas variedades, a da esquerda a común do choupo negro en inverno e en verán, a dereita a variedade itálica.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

As follas  son caedizas, simples, alternas, o limbo parece un triángulo ou ovo tirando a rombo.

Chopos a beira do río Miño. Reza (Ourense). No verán.

Ten a beira aserrada. Cor verde por diante, ou sexa na face da folla é cor claro por detrás, no envés.

No outono a cor é amarela.

Chopos a beira do río Miño. Reza. No outono.

Dibuxo sacado do libro: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.

Neste dibuxo vense as características máis importes desta árbore.

Observar o tronco,é totalmente distinto do tronco do choupa branca.

 

As follas dende logo son verdes polo haz e máis pálidas polo envés. 

O tronco é moi característico xa que é grisáceo (na xuventude é liso) e pronto se cubre de estrías lonxitudinais, marcándose entre elas as famosas costelas negras que dan lugar o nome (refírese o nome de negrillo).

 

Grupo de negrillos no "paseo das ninfas" en Ourense. Reza. A carón do río Miño.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Ribeiras dos ríos e lugares frescos.

Na fotografía pode apreciarse na parte de arriba as follas que co vento ensinan o envés, dende logo máis pálida.

Grupo de negrillos no "paseo das ninfas" en Ourense. Reza. A carón do río Miño.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Flores:

Flores:

Chopos.

Flores verdosas ou avermelladas. Floración precoz a finais do inverno.

As flores son en amentos colgantes, verdosos, que logo se abren en dúas valvas na madurez,  liberando unhas semillas parduscas provistas de penachos algodonosos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Froito:

Os froitos:

O froito é unha cápsula de 7 - 9  mm., primeiro verdosa e logo parduzca.

Observar o froito en cápsula, que en principio é verdosa.

Fotografía de Félix Llamas.

Ir a características

 

 

 

 

 

O Tronco e a madeira:

O tronco e a madeira:

Dereito e groso.

Dereito e groso.

O tronco é moi característico xa que é grisáceo (na xuventude é liso) e pronto se cubre de estrías lonxitudinais, marcándose entre elas as famosas costelas negras que dan lugar o nome.

Nesta fotografía vense as costelas famosas.

A madeira:

Densidade

Moi leve. Pouco resistente.
Utilización Construçión: estructuras.
Mobiliário: interiores, fondo de mobles e costados
Laminados.
Carpintería fina.
Mistos e palillos.
Estores e persianas.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Grupo de negrillos no "paseo das ninfas" en Ourense. Reza. A carón do río Miño.

 

Un choupo o lado do río Miño. Árbore de gran valor ornamental, empregada en parques e xardíns.

A madeira é pouco resistente.

Mediocre combustible.

Coas xemas prepárase un ungüento antihemorroides.

Tamén estas xemas teñen propiedades diuréticas e sudoríferas.

Fai anos eran típicos os chopos nas estradas. Ver esta fotografía:

Ir a características

 

 

 

Fotografías:

Chopos de Reza no outono. Ano 2005.

 

As mesmas choupas ou chopos no verán.

En Ourense a beira do río Miño era moi normal estas filas de chopos negros. Hoxe quedan estos na zona de Reza, xa que por debaixo de Oira a maioría dos chopos que había foron pasados pola serra do Concello de Ourense, que é un especialista en cortas de árbores. En Ourense nestos anos 2000-2005 hai unha auténtica febre coa corta de árbores. ¡Menuda forma de invertir os cartos de Europa...!.

Na fotografía do 2005, vese as zonas dos caños preto do río Miño en Ourense que estaba chea de chopos, hoxe ten este aspecto, deixaron uns cantos o que é o tronco con inxertos e o resto veña fora. ¡Manías do arrase de árbores! ¡Veña sendeiros con vallas! ¡Cartos de  Europa ben mal empleados!. ¡Si sanearan os ríos de Ourense, o Loña e o Barbaña, que son pocilgas casi sin vida!.¡Si fixeran unha depuradora que depurase e non o conto que hai hoxe en xunio  do 2005!. Pero non, veña facer cousas para a Galería. Despois poñen como exemplo o cuidado do Medio Ambiente en Ourense, ¡hai que ter caradura!...

Na fotografía, do autor da www, a esquerda un chopo negro ou negrillo e a dereita un chopo prateado ou lamagueiro. Enfrente os Caños, río Miño. Ourense. Do pouco que deixaron en pé...

 

Grupo de negrillos no "paseo das ninfas" en Ourense. Reza. A carón do río Miño. 2010

 

---------------------------------------------------------

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.

 

Saír.