Verbascum thapsus.

Verbasco. Gordolobo.

Non é unha planta propia dos ríos galegos pero últimamente vese a menudo en algúns deles, por exemplo no río Miño (como a fotografía) e no río Barbaña en Ourense.

Esta planta é máis propia de terrenos incultos, ribadas, cascalleiras e fincas abandonadas, que hoxe por desgracia hai moitas.

É unha planta que chama moito a atención xa que é moi alta e vistosa. Hai varios tipos de verbascos ou seoanes, este é o máis común (Xuño do 2002).

Tamén se chama chupón, chopo e chopo branco.

Ver outras fotografías e características.

 

salir.jpg (922 bytes) Sair.                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Verbasco ou Seoane

Verbasco no río Miño, en Reza. Ourense. Xuño do 2002.

Fotografía de Josep Maria Barres. Libro  Plantas Medicinales.

É unha herbácea bianual, recuberta dunha borra branca ou amarela, con talo único, preto dos 2 metros.

É doado de distinguila.

No río Barbaña en Ourense preto da desembocadura hai varias. Tamén no paseo das ninfas, onde fixen algunhas das fotografías desta ficha.

As follas basais son grandes ata 30 cm. As follas de arriba son máis pequenas.

En galego chámase, aparte de seoane e verbasco, chupón, chopo e chopo branco.

As flores preséntanse en fascículos que parecen longas espigas amarelas.

Esta planta ten propiedades pectorais e emolientes, é boa para amigdalites a farinxite e a bronquite. As follas utilízanse as veces en cataplasmas emolientes.

As sementes utilízanse para a pesca fraudulenta xa que envelenan o río.

¡¡ É incrible o que descubre a xente!!.

Na fotografía de Anne Anderberg vese claramente a flor do verbasco, as flores aparecen en espigas mestas e levan cálice de cinco dentes e corola, dunha peza amarela de 2 cm. de diámetro.

 Dos cinco estames, os dous inferiores non teñen pelos.

Frolece en todo o verán.

En castelán ten moitísimos nomes: Verbasco, Gordolobo, Barbasco, Candelaria, Guardalobo, Tripo, Candela regia, Candelera, Escobizo, Hopo de zorra, Tróculos blancos, Vara de Aarón, Varbasco, Engordalobo, Molena, Cardo blanco, Ostaza

 

Outra imaxen do Gordolobo ou verbasco.

En Galicia tamén lle chaman seoane, aparte de verbasco.

Esta pranta medra en dous anos, o primeiro fai unha mouta, no chan, de follas grandes e no segundo bota o talo longo, que pode alcanzar 2 metros.

O verbasco tamén se asociou coa bruxería, o parecer usaban os peliños que ten esta herba, para facer pociós...

 

Estas imáxenes están sacadas a carón do río Miño en Ourense, no paseo das ninfas.

Enfrente vese Bodegas Arnoia.

 

Río Miño, Ourense. Paseo das Ninfas.

Fotografía sacada a carón do río Miño, preto do coiñal, enfrente a Peña de Francia, casi xunto os caños. A fotografía é de Félix Valeiras.

O verbasco é moi común a carón dos ríos de Ourense, pero as veces atópase desta forma, no primeiro ano que é máis feo que cando está en flor, que é o segundo ano.

Os gregos e os romanos usaban esta pranta para facer antorchas ou fachóns, efectivamente, para eso untábana con sebo.

A verdade é que esta planta o parecer sirve para todo...

A bolboreta parece unha Lasiommata maera, pero non estou seguro, de tódolos xeitos a fotografía é moi boa. As prantas amarelas por detrás son codesos que abondan moito na zona.

Esta fotografía está sacada a carón do río Barbaña en Ourense e permite ver o detalle da flor. Xuño do 2007

 

 

Fotografías do verbasco a carón do río Sil no Barco de Valdeorras. 2008.

 

O nome de chopo ou chopo blanco penso que está xustificado.

Esta información está sacada do libro de Xosé Ramón Garcia,  Flora de Galicia  de Editorial Follas Novas 1979. As propiedades medicinais están sacadas do libro "Guía de plantas medicinais de Galicia" de Antonio Rigueiro e varios. Galaxia 1996.

Saír.