Mustela nivalis. 

Donicela. (Comadreja)

A doniña vese moito máis que o armiño. Non habita tanto a beira dos ríos inda que de vez en cando pódese atopar nas zonas agrícolas preto do río.

É sin dúbida o depredador máis abondoso en Galicia. Tamén é o máis pequeno. E tamén é o máis agarrido.

É moi valente e moi agresiva. Moi vivaz. Nerviosa.  Rapidísima. Toda unha marabilla.

Pódese dicir que é a máis terrible fera da nosa terra.

 

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A doniña- CARACTERÍSTICAS.

 

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Alimentación Reproducción Inimigos      
     
Interés Protección Vese nos meses...
     
Distribución Galicia Curiosidades         As súas pegadas
     
 Fama inxustificada Bibliografía

Act. 05/02/2021

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Mustela nivalis. ( Linnaeus 1760)
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orden: Carnivora
Familia: Mustelidae
Género: Mustela
Especie: nivalis

 

Características  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Donicela, doniña, denosiña, gonicela, donosiña, garridiña, dona das paredes, etc.

Características  

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Comadreja.

 

Características  

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Entre 17-23 cms  y 6 cms. de cola (a femia 16-18 cms. cola 4 cms.).  Con un peso entre os 40-170 gramos os machos (femias 40-65 grs). A verdade é que se trata dun mamífero máis pequeno de Galicia e de Europa. A cola ten máis de 5 cm.  As femias son, polo tanto,  máis pequenas.

Realmente é un mamífero pequeno pero:

Pola contra é o máis fiero. É incríble.

Merece a pena atopalo e observar os seus movimentos. Son fermosos.

É moi inquieta , moi vivaz.

Pode ter o pelo máis claro, según a época.

Donicela.

A súa espranza de vida é de 2 a tres anos,  moi pouco. Pode chegar a vivir de 6 a 8 anos, pero eso é moi raro.

Características  

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación: 

É máis doado velo que outros mamíferos xa que caza fundamentalmente de día.

A súa pel é por riba de cor pardo, e branca por debaixo. O rabo é pardo sin punta negra, o que o distingue do armiño, inda que a donicela é moito máis pequena.

A doniña é máis pequena, ata 10 cms menos,  ten menos cola que o armiño e ademais a cola é de distinta cor. A da doniña é parda.

O armiño A doniña

Donicela.

Dependendo da época a súa pelaxe pode ser máis clara. As donicelas europeas seica se volven blancas no inverno cousa que non pasa coa nosa, inda que a plumaxe volvese máis clara, como pode verse na fotografía.

 

Características  

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

Están de celo todo o ano. A Preñez dura entre 33-36 días e ten 1 a 2 partos o ano.

Nacen entre 4 e 7 crías desnudas e cegas, que se van independizar xa os catro meses aproximadamente..

O macho non participa na cría.

 

Características  

 

 

 

 

Inimigos:

Inimigos:

Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo, pero non é normal. Trátase dun mamífero que é moi dificil de vencer. É moi fero e agerrido.

Pódelle sorprender calquera rapiña nocturna, de feito ten aparecido na dieta do Tyto Alba ( coruxa común) .

A súa espranza de vida é de 2 a tres anos,  moi pouco. Pode chegar a vivir de 6 a 8 anos, pero eso é moi raro.

 

Características  

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratóns, topiños, serpes, sapos, ras, etc. A veces tamén come ovos, páxaros e insectos, inda que moi raramente.

Realmente atrévese con calquera cousa, come incluso coellos e lebres.

Pero sen lugar a dúbidas o que máis lle gustas son os ratóns e os topiños.

Preferentemente aliméntase das vísceras e a súa sangue.

Tamén come frutos, sobre un 5% da súa alimentación, pero gústanlle máis, repito, os ratóns.

 

Características  

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Habita en tódolos lugares, gusta moito das zonas cultivadas.

Eso sí,  escapa dos ríos. inda que hai que decilo trátase dunha gran nadadora, sin lugar a dúbidas.

Non fai madrigueira e válelle todo, dende unhas pedras amoreadas ata leña, cobas naturais, paredes con pedras soltas, un pouco de todo. Onde realmente vive,  pon no chan herbas, follas secas, plumas, etc. Tamén deixa un lugar para gardar presas.

Ten aparecido en lugares insólitos como no Parque de Castrelos en Vigo ou na Alameda en Santiago.

Hai que ver a cantidade de nomes que recibe por algo será: sin dúbida a donicela foi moi coñecida en Galicia.

Características  

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

Todo o ano. Mellor na primaveira e no verán.

Evidentemente para ver a donicela hai que ser cautos e achegarse o seu habitat e ter paciencia. Non é a primeira vez que a vexo. Frecuentemente habita lugares onde teña pedras, pequenos muros e logo un biotopo onde poda atopar do que se alimenta, preferentemente ratóns, reptiles e algúns coleopteros.

 

Características  

 

 

 

Interés:

Interés:

Ten moitísimo interés, dado que este mamífero é un depredador de ratóns. A natureza é sabia e non debemos nunca cortar o seu ciclo. Hai xente, refírome a algúns malos cazadores que disparan a calquera cousa. Auténticos matarifes que non deberan pisar o campo e moito menos ter unha escopeta na man...

 

Características  

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal.

Características  

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Hoxe atópase en toda Galicia.  Nun mapa de cuadrículas de Galicia, atópase en todas elas.

É moi abondosa. Realmente pódese atopar en calquera lugar de Galicia.

López Seoane en 1861 da como abondosa en todo o país.

 

Características  

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Sin dúbida é a fera máis agarrida de Galicia.

É a fera máis pequena. 

O ser descuberta erguese dereita e fai frente a quen sexa. Si se acorrala, xa se sabe podemos levar un bon mordisco, ademáis moi rápido e sin enterarnos. É unha flecha. Áxil de verdade.

Ollo que nesta fotografía está dereita, pero non en posición defensiva...

Conta Brehm que un miñato (milano negro) atreveuse a apresar unha donosiña e a se remontar con ela nas poutas. Ó pouco o miñato vacilou no seu vo e caeu fulminada a terra, mentras que a súa víctima alonxábase algo maltreita, pero viva e coleando. Seccionáralle as veas da gorxa ó miñato.

Os seus nomes deixan claro a valentía e forza comparables coa súa gracia e beleza; donosiña, en francés belette, algo así como pequena bela. Non queda máis remedio que descubrirse dice  Xurxo de Vivero no libro "Eses nobres cazadores", libro que cada día gústame máis.

Trátase polo tanto dun animal rapidísimo. Pode matar presas quince veces maior que ela.

Está considerada como unha especie nociva e dende logo trátase dunha salvaxada, a doniña é básica no seu medio.

 

Características  

 

 

 

 

Pisadas e outras pegadas:

A súa pegada:

Dun tamaño ovalado, e soio atoparemos 4 dedos, a pesar de ter 5 dedos. Deixa as uñas marcadas.

 

  • Excrementos: Poden ser pastosos ou duros, según a súa alimentación. O consumir sangue dañe unha apariencia pastosa. Cando son duras, sempre terminan en punta. O olor é fétido.

Características  

 

 

 

 

A súa mala fama, inxustificada:

A súa mala fama: inxustificada

Efectivamente a donicela é a que peor fama ten en Galicia dentro dos mustélidos. Sempre se dixo que "era moi velenosa e que perseguía as mulleres". Toda unha mentira inxustificada.

Esta fama de mala extendese a toda Europa.

Os seus beneficios nunha leira son inmensos, acaba cós ratóns rápidamente, e toda unha maravilla.

En canto o veleno efectivamente cando se ve acosada despide moi mal olor como defensa. O olor lembra a un corpo en estado de putrefación.

 

 

Características  

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995. Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres cazadores" de Xurxo de Vivero, que cada día parece máis bonito.

Características  

 

 

 

 

Saír