Arundo donax.

Cana. Cañas

As canas vense moito xunto a a moitos ríos.

En Ourense vense a beira do río Miño e tamén nas beiras do río Barbaña.

É unha gramínea perenne , son leñosas e endurecidas e poden chegar a medir 5 ou 6 metros de altura.

As follas son moi longas.

A fotografía do autor da www, esta sacada  en Ourense, a carón do río MIño.

 

Ver a outra fotografía.

 

salir.jpg (922 bytes)         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outra fotografía.

Arundo donax

As canas vense moito xunto a certos ríos. Por exemplo en Ourense, vense a beira do río Miño e tamén nas beiras do río Barbaña.

É unha gramínea perenne , son leñosas e endurecidas e poden chegar a medir 5 ou 6 metros de altura.

As follas son moi longas.

 

 

A espiga é moi aberta, con moitas espiguiñas de cor verde violácea.

Medra en lugares húmidos.

É inconfundible.

A miña primeira cana de pesca fíxéronma con esta cana. Pescou uns cantos peixes...

 

 

Canas a carón do río Miño en Ourense.

A cana tamén se chama en galego: canaveira, canavela e canivela.

Nestas fotografía, do autor da www, vense perfectamente o aspecto da cana. Son inconfundibles.

Canas no paseo das ninfas en Ourense. Río Miño 2005.

Todas as fotografías están sacadas en Ourense, a carón do río Miño. Neste caso no paseo de Quintela.

Nota: nalgúns folletos teño leido que a cana é a pranta  Phragmites australis que efectivamente o seu nome en castelán é de Carrizo ou Caña borde. Non vou a discutir si se trata ou non da cana que temos a carón do Miño, non é a miña especialidade.

 

Phragmites australis.

Phragmites australis.

Dibuxo de Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé

 

Gustaríame aclarar o tema, xa que efectivamente é moi parecida.

 

Fotografía dunha cana coa súa flor na punta. Río Barbañica. 10/11/2006.

A flor anterior. Fotografía do autor da www. 10/11/2006

Saír.