Scirpus holoschoenus.

Xuncos. (Junco)

Os xuncos e as xuncas son unhas  plantas que me traen moitas lembranzas dos meus anos mozos, as beiras dos ríos , polo río Salas, na veiga de Calvos, preto de Randín. Son moi abundantes preto dos nosos ríos galegos. De nenos, cos xuncos e as xuncas, facíamos trenzas, rexillas de asentos, pequenas cestas.... Incluso botábamos foguetes. Agora estase a perder todo esto. Hai moitos tipos deles, veremos algúns...

Ver  características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Scirpus Holoschoenus. O XUNCO.

Xuncos cunha dedaleira no río Mao 2002. Foto do autor da www.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitats
     
Curiosidades Outros xuncos

Modificada o 14/03/2008

Saír.                                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Scirpus holoschoenus

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

 

Xunco, xunco churreiro.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán

Junco.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións

Xuncos cunha dedaleira no río Mao 2002. Foto do autor da www.

 

Ata 150 cms.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Descripción: Herba perenne. rizomatosa. glabra. Tallos simples. cilíndricos. de ata 150 cm. Follas de tipo gramínea. as inferiores reducidas ás vainas. As superiores cunha corta lámina semicilíndrica. 

Ten espiguillas en cabeciñas globosas. Mide de 30 a 150 cm.

As bainas o envexecer deixan un retículo fibroso. Espiguillas de 2,5 - 4 mm.

Dase en lugares húmidos, preto por suposto dos ríos.

O lector debe saber que hai por riba de 15 tipos de scirpus.

Flores hermafroditas. Na axila dunha gluma obovada. Truncada, formando espiguillas ovoides. Espiguillas dispostas en cabezas globosas pedunculadas que se desenrolan na axila de un par de brácteas. Bráctea inferior formando aparentemente una prolongación do tallo que sobrepasa a inflorescencia. Androceo con 3 estames.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

En solos encharcados e húmidos de tódala provincia. Florece de maio a decembro.

Distribución xeral: Cosmopolita. inda que non lle gustan as zonas frías.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Os talos dada a súa flexibilidade utilízanse como sustitutivos das cordas: para reunir pasteis de hojaldre, rosquillas, ou para dispensar os churros nas calenterías de algunas zonas de Andalucía. Inda que de baixa calidade, úsanse a modo de mimbres para fabricar cestos ou esteras. Os rizomas ou talos xóvens cómense en algúns lugares dado o seu sabor dulzón. Sin embargo. sería necesario absterse desta práctica, dado que en estado xoven é doado confundirla con diversas especies de Xuncus, plantas altamente tóxicas.


 
Inda que posee certa fama medicinal,   as súas propiedades curativas non se constataron científicamente.


Observacións: O nome do xénero deriva do celta "cirs" cuerda. polo uso que se fai dos tallos.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Outros xuncos ou xuncas:

Outros xuncos ou xuncas:

En realidade en Galicia chámese xunca  a unha especie de pranta moi coñecida no país  na cal  as follas teñen forma cilíndrica, son lampiñas e levan case no cumio as froles, e por suposto despois os frutos.

O que pasa é que hai moitos tipos.

Temos así dous tipos de plantas como son os scirpus (xuncos como o descrito ou o bión o que lle dedico unha ficha, onde normalmente as flores están na punta da folla) e as xuncas das que hai moitísimos tipos (as frores están por debaixo da punta).

Por exemplo esta xunca que científficamente é Juncus effusus ( a fotografía é do gran Hlasek que ten unha colección fora de serie)

Observar as flores na beira antes de chegar a punta da folla.

Volver a características

 

 

 

 

 

Xuncos cunha dedaleira  ou estralotes no río Mao 2002. Foto do autor da www.

As XUNCAS. (A fotografía está feita en Leboreiro, no río Mao. Ourense.)

Saír.