|
|
As lavandeiras: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego e outros | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Alimentación |
| Habitats | Nidificación | Veses nos meses de |
| Protección | Interés | Tipos de lavandeiras |
| O canto-ampliar |
|
![]()
| Nome científico |
Fotografía de Claude Rouche. Motacilla alba alba. (Lin.)
Nota:
|
| Nome galego |
Lavandeira blanca
|
| Nome castelán |
Lavandera blanca común.
|
| Dimensións |
Sobre 18 cms. É un paxaro máis ben pequeno pero a cola é longa. Ten unha envergadura de 34 cms de media.
|
| Identificación |
Macho. É un dos paxaros máis coñecidos de Galicia xa que é moi abondoso sobre todo a beira do río. O macho ten negro a cabeza a gorxa as patas e o peteiro. Son blancas a testa e o peito. Gris ou cincentos as ás. A cola é negra.
Femia. A femia é moi parecida pero a cabeza e a gorxa son cincentas en vez de negras. O camiñar move constantemente o rabo. O voo é moi característico xa que vai subindo e baixando continuamente, e tamén capaz de parar no aire. Trátase dunha experta collendo mosquitos no aire. Ten unha vista ademais prodixiosa. É dos poucos paxaros que podemos decir que camiña ou sexa que non vai a saltos. É moi elegante.
|
| Habitats |
Atópase sempre preto de lugares de auga, pero últimamente podemos atopar este paxariño en calquera lugar, incluso nunha acera de calquera ciudade. Gusta, de tódolos xeitos, dos lugares de labor, prados, a carón do ganado, etc.
|
| Alimentación |
Come preferentemente mosquitos e insectos voadores de todo tipo. En terra tamén arácnidos, vermes, pequenos moluscos, etc.
|
| Nidificación |
Construe o seu nido en ocos dos edificios, paredes, etc. Normalmente a unha altura considerable, sobre 2,5 metros. Pon de mediados de abril a agosto entre 2-6 ovos, que choca a femia e nacen os 15 días.
|
| Vese nos meses de |
Realmente vese todo o ano en Ourense polo menos. É moi común en todos os ríos de Ourense ciudade. En Ourense tamén é gregaria e as veces viven máis de cen xuntas. Seica se teñen anelado exemplares en Gran Bretaña e aparecer en Ourense. Chegan tamén individuos ata de Islandia.
|
| Protección |
Está protexida e ademais está considerada como de interés especial pola súa singularidade.
|
| O seu canto-ampliar datos sobre a lavandeira: |
Neste link marabilloso podedes oir o seu canto e ampliar datos con fotografías moi boas.
|
| Videos sobre a lavandeira |
Neste links tendes 14 videos especiais sobre esta paxaro dos nosos ríos. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|

Fotografía da Lavandeira cascadeña ou lavandeira real. P.H. Harris. Tratase dun macho, xa que a femia non ten o peteiro negro.
Esta vese nos regatos de toda Galicia, pero preferentemente nos cursos altos.
Aliméntase de todo tipo de insectos e bichos voadores. Unha auténtica especialista en voar por riba da auga. Ten as mismas características que a lavandeira branca. Son ambas voadoras exquisitas, auténticas filigranas fan por riba da auga. Son ademais capaces de voar moito tempo sin parar.
A lavandeira real chámase en Portugal Alvéola cinzenta, en Cataluña dinlle Cuereta torrentera e en Euskadi Buztanikara hori.
|
|
|
|
Macho |
Femia. |
Sobre a Motacilla cinerea hai unha chea de links que son uns videos marabillosos nesta dirección.
![]()