Odonato (Anisóptero). 

Besbello. Ninfa de Libéliña.  

Larva de Libeliña (Odonato-Anisóptero).

Desta larva sae a libélula (Cordulegaster boltonii, quitaollos común). Chámase en Galicia Besbello.

"A súa existencia nun río é o principal indicador de que o río está san."

Non confundir as larvas de libeliñas e gaiteiros.

 

Hai miles de insectos no leito do río e por debaixo das pedras. Estos insectos marcan, sin lugar a dúbidas a vida dun río xa que sirven como alimento, entre outros peixes, para as troitas.

A da figura é moi coñecida, trátase do besbello e sobra que diga que é un cebo espectacular e moi efectivo para pescar a troita.

Pero o lector que chega ata este punto debe saber que a existencia destas son o alimento básico das nosas troitas.

Por debaixo de moitas minicentrais de Ourense estos insectos non existen ¿ Por qué?.

Ver dibuxos de odonatos ou besbellos e o adulto da libeliña.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LIBELIÑAS E GAITEIROS.

Anisópteros

(Odonato)

Libeliña ou Libélula.

Quitaollos común.

Zigópteros

(Odonato)

Gaiteiro.

Gaiteiro alizul.

(Máis pequeno ca libeliña)

A larva de libeliña, o odonato (Anisóptero) que tamén chamo besbello é moito maior que a de gaiteiro y dende logo con moita máis forza.

 

Eiquí hai besbellos. Fotografía do traballo Andrés Sierra  na revista Trofeo Pesca do mes de maio do 2001.

Outro besbello. Fotografía do traballo Andrés Sierra  na revista Trofeo Pesca do mes de maio do 2001. Tamaño moi aumentado.

 

Tamaño natural

As duas teñen mandíbulas pero mentras o besbello (Odonato anisóptero) caza por vista, e moi rápido e moi depredador o outro o do gaiteiro caza por aproximación e en base as antenas, é polo tanto moito máis lento.

                            

Eiquí vese unha libeliña (Cordulegaster boltonii, o quitaollos común, que é a maior libeliña que hai en Galicia)  e a súa larva que eu chamo besbello. Estas larvas polo día entérranse debaixo das pedras e area e pola noite cazan outros insectos e gusanos. Teñen fortes patas que se agarran moi ben o leito do río.

As fotografías son de Gunter Steinbach.

O aspecto do besbello e moi variable dependendo do estado da ninfa, xa que pode botar no río ata cinco anos, cambiando moito de aspecto, dende o marrón ata o verde.

O besbello é, polo menos en Galicia, o cebo ideal para as troitas, montado en anzó dende con un mínimo do núemro 10, xa que menor é ilegal polo menos no ano 2008. Hai que pensar que as troitas aliméntase preferentemente deste cebo, cando abonda no río.

                              

Eiquí vese unha libeliña (Golfus vulgatissimus)  e a súa larva que eu chamo tamén  besbello. Estas larvas polo día entérranse debaixo das pedras e area e pola noite cazan outros insectos e gusanos. Teñen fortes patas qaue se agarran moi ben o leito do río.

As fotografías son de Gunter Steinbach.

É típico en Galicia o dito de "Por San Antón deixa o besbello e colle o saltón" que explica coa sabiduría do ribereño cando se pode pescar con este cebo.

De tódolos xeitos unha clasificación dos odonatos é a seguinte:

Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dibuxos de besbellos.

Estos son ninfas de Odonatos : en galicia chámanse besbellos .

De adultos convírtense en libeliñas, como por exemplo O Quitaollos común:

 

 Libeliña e besbello.