Tricóptero. Adulto do casullo.
O casulo na súa coroza ou estoxo. |
¿ Quen non coñeces o casullo?. ¿ Non o coñeces?. Pois non eres pescador de peixes e non sabes o que te perdes. O casullo que é unha larva que vive no fondo do río, atópase, si o río esta limpo e non hai minicentrais que deixen sin auga o río, en tódolos regatos de Galicia, sempre que a auga esté limpa. Esta larva fabrica o seu casulo (estoxo) con materiais diversos, como pedriñas ou pauciños, teñen unha glándula que producen seda e así viven. De adultos convírtense en voadores. É incríble. Haino por exemplo a miles no Navea en Chandrexa e no Salas en Randín ( Ourense) . O gusaniño que teñen dentro é un cebo especial para os peixes. Nesta ficha aproveito para ver as características xerais dos tricópteros poñendo un exemplo. |
Os tricópteros
![]()
| Nome científico |
Limnephilus sp. Taxonomía:
Nota: este tricóptero que aparece nesta fotografía no río Navea en Ourense, penso que se trata desta especie pero non teño a seguridade. En calquera caso as propiedades dos tricópteros que aparecen a continuación pódense aplicar a esta especie. Os limnephilos ó que perteñece son unha familia de tricópteros moi abundante en Galicia pero teñen nada menos que doce xéneros e 30 especies.Casi nada...
|
| Nome galego |
Casulo. Casullo. Coroceiro.
|
| Nome castellano |
Tricóptero. Limnefílidos.
|
| Dimensións |
Nesta fotografía o tricóptero está fora do seu casulo.
Entre 1 e 1,5 cms. como moito. No río viven sobre un ano.
|
| Os tricópteros en xeral: |
Os tricópteros ou frigáneas son insectos que de adultos parecen polillas:
Tricóptero adulto: Potamophylax cingulatus. Teñen dous pares de ás membranosas e recubertas de pelos que plegan sobre o corpo en forma de tellado. Os adultos son polo tanto voadores e normalmente están a carón dos ríos onde vive a súa larva e a súa pupa, que son acuáticas. As larvas distínguense de outras moitas, ver a fotografía:
Teñen o final dous apéndices, falsas patas, con uñas. O casulo ten dous apéndices o final có que se suxetan o estoxo ou coroza no que viven. Estos apéndices chámanse pigópodos e repito están situados o final do corpo. De feito o casulo resístese a saír, pola miña banda teño doado parto a coroza e listo... Viven en todo tipo de augas doces, sobre todo limpas e frías e ben osixenadas. Viven dentro dun caparazón, chamado casulo, que teñen a virtude de elaborar con seda e diversos materiais.
Trátase duns estuches que fan con elementos que teñen no entorno no que viven.
Este é o estuche, canutillo ou casulo. Pero hai tricópteros que teñen casulos moi curiosos, todo un mundo. Incluso tamén os materiais. A maioría viven así, un, dos ou como moito tres anos. Unha vez que finaliza a vida de larva, pasan a de pupa y desta pasa a adulto. Os adultos son de voo torpe e forman enxames moi grandes de reproductores, incluso sin alimentarse, normalmente a noitiña, e logo fan a copulación coas femias que finalmente poñen os ovos e volta a empezar. En Galicia están citadas 147 especies perteñecentes a 18 familias, dentro dos tricópteros, dos cales os limnefílidos teñen unha ampla representación cunha trintena de especies. Non é raro que collera polo tanto un exemplo desta familia. Os tricópteros están sendo sistemáticamente estudiados en Galicia dende 1977. Seica un tercio das especies citadas son endémicas de Galicia, son polo tanto moi importantes.
|
| Identificación: |
Na fotografía vense unha docena de casullos no leito do río. É doado identificalos polo menos mentras están dentro do casulo. Este está no leito do río e xeralmente ten a forma que aparece na miña man na fotografía seguinte. Hai distintos tipos de casulos.
As que viven en correntes rápidas teñen esta forma, as que viven en medio lénticos usan tamén vexetais. Normalmente aliméntanse de restos vexetais. Si está fora tamén é doado xa que no abdomen teñen 9 segmentos, dispoñen como tódolos insectos de 6 patas. Nas ás tenas cubertas de pelo, de ahí lle ven o nome, xa que os pelos chámanse tricos.
Duran sobre un ano o proceso na forma acuática. Logo fora xa boan e a característica máis importante é que as ás están pegadas o corpo.
Este xa é o adulto.
|
| Alimentación: |
Comen restos de follas preferentemente, pero comen de todo. A súa alimentación utiliza preferentemente os restos das árbores que hai na zona e que caen o río, follas, ramas etc. Esto xustifica que o principal período de crecemento destes tricópteros sexa o outono e a primavera.
|
| Habitats: |
No leito dos ríos, xeralmente en tramos lentos. Poden perfectamente estar tamén na corrente. Defeito poden amarrarse a pedra onde están en base a unha seda que fabrican e que os manterá ligados a onde queiran. Cando se convirte en imago e voa o caer a auga da saltiños o que axuda moito a identificala de cara a pesca.
|
| Apareamento: |
Apareamento
Ten lugar fora da auga pero en terra, non como as efémeras que fan bailes por riba da agua voando e apareanse. Os tricópteros fanno en terra firme ou ben nas ramas e demais das beiras dos ríos.
A femia pon os ovos en masas xelatinosas que se pegan as rochas.
|
| Vese nos meses: |
De maio a setembro.
|
| Interés: |
Son moi importantes no río. A súa presencia denota que as augas están limpas, xa que son moi sensibles a porquería. Tamén denota si as augas siguen a súa corrente normal, por debaixo das minicentrais o casullo desaparece.
Nos estudios de impactos ambientais das minicentrais non figura este estudio, pero xa chegará o momento . En Galicia os estudios de impactos ambientais son de coña e de xuzgado de garda.
|
| Metamorfosis: |
O paso de larva a pupa a adulto: Trátase dun insecto con metamorfosis complexa (holometábolos), xa que os novos, neste caso os casullos ( parte de abaixo, son acuáticos) non se parecen en nada os adultos neste caso un tricóptero, neste estadio chámanse ninfas. De novos chámanse ninfas e de adultos imagos.
O paso dun a outro é unha auténtica marabilla da natureza. O ciclo pode facerse nun ano aproximadamente, inda que hai tricópteros que tardan máis.
|
| Protección: |
A verdade é que me facía unhas cosegas moi grande este bichiño...Fotografía do día 9 de maio do 2006 no río Navea. Non están protexidos.
|
| Curiosidades: |
Sin dúbida un cebo para o peixe extraordinario. Tamén para a troita.
Os casulos larvarios son relativamente grandes e feitos de todo tipo de material, pero dende logo moi ben feitos. Os membros desta familia viven nos ríos en aguas lentas si é posible, inda que eu teño visto casullo en augas rápidas, no fondo ven amarrados.
Unha anécdota no pobo de Grixo, en Villavidal, Ourense. Non fai moito o día 14-06-2002 fun de pesca có meu compañeiro Felix o río Arnoia, por Grixo, nese pobo tuvemos un informador de excepción, deses que ademais de informar, e facelo ben, son ademais bós coñecedores do río. Pois ben, chámase Narselio e falounos de moitas cousas, dende unha troita chamada "Isabel" que había nun dos pozos do Arnoia, sobre 8 kg, ata o nome dun bichiño có que seica sacou moi boas troitas, que resultou ser o casullo, por esa zona chámase "COROCEIRO" de coroza, aquelas gabardinas de palla que puñan fai anos os galegos. Gracias Narselio pola túa información e pola túa amabilidade. Sei que non será doado que algún día chegues a leer esto, inda que pode ser, pero é o mesmo...Gracias. Un día destes iremos de pesca xuntos.
|
Tipos de tricópteros en Galicia
Algúns tricópteros galegos.
Hai moitas familias de tricópteros en Galicia: Glossosomatidae, hydroptilidae, Rhyacophilidae, ecnomidae, hydropsychidae, Philopotamidae, polycentropodidade, psychomyiidae, Beraeidae, Brachycentridae, calamoceratidae, Goeridae, Helicopsychidae, lepidosmatidae, leptoceridae, limnephilidae Odontoceridae, Phrygaenidae, sericostomatidae, Uenoidae.
Todas estas familias de tricópteros están estudiadas no libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
Algúns exemplos de tricópteros galegos.
| Familia | Especies-detalles | Fase acuática | Fase voadora |
| Glossosomatidae | Glossosoma, Agapetus, Synagapetus. Forma de grano de café. Pedras e rocas. Tres xéneros en Galicia. |
|
|
| Rhyacophilidae |
Non fan refuxios ou casulos, móvense libremente entre a vexetación do fondo. Un xénero e 11 especies. Esta é rara, pero vese en regatos de montaña |
Rhyacophila obelix |
|
| Rhyacophilidae |
Os rhyacofilos, como larva, son moi usados en León, polos expertos en pesca de sempre, sobre todo esta variedade verdosa. Seica é bastante duro como cebo. Un pouco pequena. |
Rhyacophila sp. |
Rhyacophila tristis. |
| Hydropsychidae | Casulos máis pequenos. 10 especies e tres xéneros en Galicia |
|
|
| Philopotamidae | Larvas que viven no interior de redes. Tres xéneros e 10 especies |
Philopotamus perversus |
Philopotamus montanus |
| Brachycentridae | Asociado a musgos. |
Brachycentrus subnubilus |
|
| Helicopsychidae | Soio unha especie galega Fai un casulo en forma helicoidal. Moi curiosa |
|
|
| Limnephilidae | É a familia máis amplia, xa que en Galicia aparecen, de momento, doce xéneros e trinte especies. |
|
|
| Limnephilidae | Nesta familia hai limnefilos que fan o seu casullo totalmente vexetal e hainos que o fan de materiais menerais. |
Limnéfilo sp. |
Limnéfilo sp. |
| Limnephilidae | Estos limnófilos vense moito xa que construen o casulo con paliños que poñen de forma vertical. Son interpretados como defensa. |
Halesus radiatus |
Halesus radiatus |
| Limnephilidae | En Galicia foron citadas seis espeies de Stenophylax. Viven en fontes e regatos. |
Stenophylax sp. |
Stenophylax sp. |
| Odontoceridae | Soio unha familia galega. Estuche moi bonito. Alta montaña. |
Odontocerum albicorne |
|
| Uenoidae | Soio dúas especies en Galicia Tramos de cabeceira de regatos. Seica o tricóptero máis interesante da nosa fauna. |
Threma tellae. |
|
![]()