¿ Qué pretendo con este
dicionario fluvial?:
Simplemente lembrar, a quen visite a páxina, algunhas palabras
relativas ós ríos e a pesca da troita. Por suposto algunhas delas xa
perdidas... Tamén demostrar a importancia que teñen os ríos en tódolos
campos da vida e facer ver que, cando se atenta contra un río, estase atentando
contra todas estas cousas.
As dúas
palabras especiais que incorporo a maiores son:
Escarallar un río
e
Fluviotolemia.
Importante: o dicionario non inclúe, salvo a palabra
troita e Sable, as máis de
3000 palabras que teñen que ver cós seres vivos que habitan
os ríos e a súa contorna e que xa figuran incluídos
nas máis de cincocentas fichas que aparecen nesta páxina web.
Neste suposto rondaría casi as catro mil palabras.
Quero dar as gracias a RAG,
Real Academia Galega,
por mencionar o meu dicionario na súa páxina "Portal das palabras galegas" .
.jpg)
Un honor. Abril de 2017.
Hoxe estou a punto de chegar a 900 palabras.
¡Cada día vexo que o noso galego é incrible!

Volver.