Brañas.

Chámanse brañas en Galicia os terreos próximos os ríos e que están por regra xeral enchoupados, tamén pode nacer neles a auga polo que teñen moitísima humedade. O normal é que estén verdes todo o ano e que sexa un terreo no que pace o gando no verán.

 Si están preto do mar chámanse tamén marismas.

Tamén reciben o nome de labañeiros.

En Ourense chámase arroncal a un terreo pantanoso das ribeiras do Miño, con vexetación de marisma (Victor Campio).

 

 

 

Na fotografía unha braña típica.

As brañas están caracterizadas por ter unha vexetación de transición entre especies acuáticas, de ribeira e típicamente terrestres.

Na fotografía a Lagoa de Olives no verán.

As brañas son terreos húmidos que se forman por colmatación (sedimentación de materiais arrastrados pola auga dunha fonte, regato ou río)  das gándaras ou en terreos chans con auga abondosa e solo impermeábel.

 

 

 

As plantas máis comúns das brañas son os brións, concretamente os Sphagnum, que reteñen a auga , os xuncos,  as violetas, os hipéricos, as rorellas e moitos carex e ranunculus. Dentro dos animais os sapos as ras, cobras, ratas de auga e un longo etc. Son auténticos viveiros de animais.

As brañas son moi comúns en Galicia.

No dibuxo sacado do libro "A natureza" publicado pola editorial A nosa Terra e de autores Adela Leiro e varios vese a evolución lóxica dende unha lagoa ata unha braña pasando por un proceso de colmatación, que son recheos naturales producidos nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos.

A braña é o proceso final.

salir.jpg (922 bytes) Saír.