Choupar.

Choupar  a troita,  é cando as troitas saltan por riba da tona da auga normalmente para coller mosquitos, ninfas, cabaliños  do demo, libeliñas,  ou outros. Tamén para refrescarse, según lle oín decir en certa ocasión a un troitero.

No dicionario xerais fala de golpear a auga, soar a auga ó bater nela. Efectivamente a troita bate na auga o saltar para coller o mosquito, polo tanto choupa a auga.

Persoalmente non me gusta, a nivel de pesca que as troitas choupen así,  xa que estadísticamente logo non se me dan ben; é lóxico, a troita remata de coller o cebo saltando que non é o mismo que na tona da auga ou pesca a mosca seca.

Convén distinguir que a troita esté choupando ou cebando, eso xa é outra cousa. Cebar é totalmente distinto.

(A troita pode cebar ou choupar  en calquera lugar do río, polo tanto o feito de cebar non fai referencia a ningún rincón concreto do río.)

Na fotografía, para mín unha montaxe clara, vese unha troita tratando de coller unha libelilla (que vai o revés...). Eso é choupar.

O dibuxo ou montaxe é bastante bon.

Sirve sin lugar a dúbidas para saber o que é que unha troita choupe na auga.

..

Aquí nesta fotografía firmada por Kim Taylor tamén se ve unha troita tratando de coller unha libeliña. Si se trata de unha fotografía como dice o autor é sensacional, si se trata dunha montaxe tamén é fora de serie. En calquera caso a troita salta fora da auga para coller o seu cebo e logo choupa na auga.

   

Neste caso, esta troita marrón da Patagonia pega un pinote bon fora da auga e choupa, sin lugar a dúbidas de forma incrible.

Menuda troita...

   

Fotografía de R. Valentine Atkison collida no momento cunha troita sube a superficie da auga para coller o mosquito. Neste caso según o autor un tricóptero (Penso que é moito decir, pero bueno...).

Esto chámase cebar a troita.

..

Nesta fotografía vese perfectamente que estan cebando.

Os círculos do medio do río son característicos.

Logo, pódese estudiar si o que ceba é unha troita ou un ciprínido, a verdade é que pode saberse normalmente. De tódolos xeitos non volo conto xa que non se trata dunha ciencia exacta.

A fotografía de Kim Taylor, sacada de internet, simplemente escribindo "saltar la trucha" é marabillosa e xa me gustaría sacala a mín. A troita é especial observar as pintas, o bichiño que intenta coller é unha libeliña non un cabaliño do demo como pon a fotografía.

Si é montaxe sigue a ser extraordinaria.

A palabra, achoupar,  pasouma o meu amigo J.B. Reza que dice "que a escoitou o outro día no río Avia " en Ribadabia (ourense), seica a decía un neno que estaba a pescar.

Moitas gracias José Benito.

salir.jpg (922 bytes) Saír.