Os
ariños tamén chamados
secos son baixos de area que hai nos
ríos, moi a flor da tona da auga. En moitos ríos, como o río Miño,
quedan ao descuberto nas baixadas da marea. Hai moitos e famosos no baixo
Miño; así os secos de Nosa Sra. da Agonía en Camiña, o ariño de Pasaje, o
seco de Canosa, etc.
(Información tomada do libro Miño ¿Existiu unha fronteira?"
de Luís Manuel García Mañá, páxina 255.)

Na fotografía de Google Earth vense os secos de
Camiña e os secos de Pasaje na foz do río Miño. Estos secos ou
ariños son máis visibles cando baixa a marea. En Portugal chámanse
areinhos

Nesta fotografía de Secundino Lorenzo vense algúns
secos ou ariños que están xunto a Illa de Canosa e outros. Baixo
Miño.
Os secos tamén se chaman
entresecas e
rañadas, que según o dicionario Xerais da
lingua é terra que queda á vista no leito dun río.

Entreseca no río Cabe en Monforte, fotografía de
Secundino Lorenzo.
Está claro que as entresecas e as as rañadas equivalen aos secos
en moitos lugares.
As entresecas do río é un término bastante lóxico,
está sacada do libro de Eliseo Rivas Quintas "A auga na natureza".
No Gran dicionario Xerais da Lingua Galega, dí que
rañada "...e terra que queda á vista no leito do río".
Saír dicionario.
Sair
fotograf. río Miño