Zamborca.

Unha Zamborca (tamén chamada sabela e saboga) é un  peixe que habita certos ríos de Galicia, como o río Miño e o río Ulla. Cada día van a menos seguramente pola contaminación destes ríos...

Fai anos as zamborcas era un peixe moi abondoso.

Deste xeito cubro no dicionario a letra Z que estaba orfa de palabras relativas os ríos; por certo,  si sabes dalgunha mándame un email.

Ver a súa ficha nesta páxina web.

Era un peixe que subía polo Miño e o río Ulla, entre outros.  Hoxe xa non sube polos encoros.

  A zamborca é un peixe que vive no mar e sube os ríos a desovar, o que se chama a nivel científico un peixe anádromo.

Podía pesar ata 3 kg. pero o normal  é que tuvera uns 40 cms. con un peso dun kg.

A Zamborca é moi parecida o sábel, pero é mais pequena entre outras cousas.

Non confundir o sable e a zamborca:

Diferencias sable-zamborca (sabela).

A Alosa alosa, o sable, é normalmente máis grande, as escamas máis visibles,  a cola é distinta, a liña lateral inexistente e dende o medio para atrás parece unha quilla. Presenta normalmente unha soia mancha negra postopercular, que nesta fotografía se ve perfectamente. Ten tamén branquispinas moi numerosas entre 85 a 130 e máis longas que os filamentos branquiais.

A Alosa fallax, a sabela ou zamborca, é máis pequena pero máis robusta. O aspecto é distinto. Ten unha mancha negra na parte lateral superior do corpo,  pero logo presenta de 5 a 10 machas que disminuen de tamaño o longo do corpo. Ten tamén branquispinas pero son curtas e o seu número varia de 30 60, ou  sexa que ten a mitade.

 

Para profundizar no coñecemento deste peixe ver esta link desta misma páxina.

Saír.