Chamábanse
barcos, as embarcacións (refírome as utilizadas nos ríos de Galicia, sobre todo no río Miño) feitas dunha peza, escavados nos troncos de árbores, de onde lles vén o
seu nome, e de menor tamaño cas barcas.
Podían transportar ata catro persoas con
bultos de pouco volumen e peso. Normalmente eran barcos de pesca e
utilizávanse en tódolos ríos galegos, especialmente no río Miño. Por
suposto había moitos tipos e deles fala Eliseo Alonso no seu libro
"Pescadores del río Miño": onde describe a fondo as chalanas e os
carochos ( Portugal)

Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Este é o típico barco de
pesca, tamén chamado lancha
ou chalana, utilizado no río Miño entre Arbo e Tui. Facían de
anguleiros e valían para botar as redes.
Ver as pezas deste barco
máis abaixo.

As
gamelas son embarcacións pequenas de
fondo plano e coa proa e a popa achatadas.
Úsanse na pesca de baixura e tamén como barcas auxiliares.
A tipoloxía desta barca aparece na foz do río Miño (Pola Guarda
e Caminha). Presenta a proa e a popa levantada.

Barco de pesca, fotografía de Eliseo Alonso ,
sacada do libro "Pescadores del río Miño".
Estos son os carochos de
Portugal e por suposto de España, barcos moi esbeltos, moi esbeltos.
Tamén se chaman
anguleiros ou barco do
Miño.

Barco de pesca nos Peares
no río Miño. Barcos algúns moi
lixeiros e movidos a remo como as iolas.
A fotografía xa ten moitos anos e aparece no libro "As
barcas e os barcos de paxase na provincia de Ourense no antiguo
reximen" de Olga Gallego.
Ó fondo vese a garganta do río Miño, a dereita, non se vé,
pero desemboca o río Sil.
Por suposto que o término de barco e barca é moito
más amplio que o visto arriba, ver por exemplo o artigo "As
embarcacións fluviais do legado patrimonial a novos usos en activación"
de Xosé Manuel Vázquez Rodríguez,
publicado no nº 2 da revista "Ardentía";
onde fala de que hai ata dez tipoloxías básicas de embarcacións nos
ríos galegos, que superan a quincena si se consideran as variantes
locais.
Xosé Manuel Vázquez non fala da distinción
entre barcos e barcas, a súa clasificación vai máis polas formas, pola
estructura, e pola utilización, dice que non hai formas puras, única e fixas no tempo senón
un constante dinamismo con aproximacións e variacións que caracterizan a
persistencia de modelos do pasado...
Dende o barco de dornas, os batuxos, a barca do
Sil, as gamelas, a barca de Chantada, a barca do Ulla, as lanchas , as
batelas, os caíques, os carochos, o anguleiro ou barco do Miño, a barca
do Landro, a barca da Lagoa de Antela, as barcas de pasaxe, as barcazas
do Miño ata chegar as barcas de ocio e de lecer, todo un mundo.
Recentemente tamén fago uso do libro "O legado
dos ribeiraos", tamén de Xosé Manuel Vázquez.
Algúns exemplos:

Barco das dornas.
Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos
a partir de troncos de madeira escavados e que se chaman
dornas, sobre elles asentase unha plataforma construida
con tablas.
Houbo destos barcos dende Belesar
ata A Guarda.
Imaxen e texto sacada deste link
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_barcas.htm

A este primitivo barco, o barco
das dornas fai referencia J. Lorenzo. Os remos eran
desiguais xa que o remeiro vai nun lado, por exemplo
4,15 e 3,20 metros.. Levaban as artes da pesca como o
biturón, a fisga, nasas, etc.

A Lancha
de Ourense, unha barca especial que inda
lembro no río Miño tanto na Ponte Vella como sobre todo
para pasar o río e pescar pola zona de Reza. Eran barcas
de ocio e de placer.
A fotografía é de Xosé Manuel
Vázquez e está publicada na revista Ardentía de Cambados
(Pontevedra), no nº 2.

Esta a Barca
da Lagoa de Antela.
A fotografía é de Xose Manuel
Vázquez.
A dianteira é estreita e aguzada,
motivada según dí Xose Manuel Vázquez pola facilidade
para desprazarse entre os xuncos da Lagoa, do mesmo
xeito que a dianteira obtusa do primeiro tramo do Miño
facilita o remonte dos caneiros...

Esta é o
batuxo, barca a que fai
referencia a fotografía anterior de frente
redondeado e axeitado para acceder ós caneiros.
Batuxo no Porto de Santa Isabel.
Sobre o batuxos hai un traballo
sensacional titulado "Facéndolle as beiras ó Miño" da
Asociaciación Cultural Maria Castaña e publicado na
revista Ardentía no número 2, revista que se edita en
Cambados (Pontevedra)".

Dibuxo dun barco típico do río Miño
coas súas pezas e nomes como: as cavernas,
o canizo dos pes,
a remadeira ou cantadoira. a Ichama ou
chulete, a sela,
a cuaña, o
paneiro, a tosta, o espiñazo,
os bordos, etc.
Faltan os remos
, xa que estos barcos ou barcas navegaban a remos, sempre
sentados os remeiros en sentido contrario a marcha o remo
de adiante é o que marca e o de atrás a seguir o ritmo e
obedecer as ordes: rema, levanta, calza, rema pa tras, etc.
Toda a montaxe corría a cargo dos
carpinteiros, por suposto con ferramenta especial como a
anxola, para debastar a madeira,
e con operacións básicas como o embreado, que é untar con brea,
para que non
entre a auga e que se fai con resina de pino o
breu e con
alquitrán ou pixe. Esto vai todo derretido nun pote e
aplicado a barca. Logo as veces faixe o pintado.
Sobre os barcos das
zonas de esteiro como as bucetas, chalanas,
dornas, gamelas, etc.
ver este link.
Saír.