Por caudal enténdese a cantidade de auga dun río. Máis científicamente é a cantidade ou volume de auga que pasa por un punto determinado nun segundo. O Caudal ecolóxico será esa cantidade, sempre e cando permita vivir de "forma digna" os seres vivos que viven no río.

      Na práctica os "caudais ecolóxicos" que proliferan en Galicia, o 10% do caudal medio anual, son un auténtico atentado ecolóxico os ríos. Por outra banda algunhas empresas de electricidade deixan o río seco, có que o caudal ecolóxico é cero, dito doutro modo  non respectan para nada os caudais ou fan o que lles da a gana. Realmente é unha vergonza.

Ver algunhas fotografías de caudais ecolóxicos que dan risa, por no chorar: 

 

 ALGÚNS CAUDAIS ECOLÓXICOS EN OURENSE

ecol1.jpg (13883 bytes)

Caudal ecolóxico no río  Mao. Ourense. Fenosa.

ecol2.jpg (14114 bytes)

Encoro de Chandrexa. Caudal ecolóxico.Ourense. Iberdrola

ecol3.jpg (9919 bytes)

Minicentral do Deva. Caudal ecolóxico.  Hidroeléctrica San Miguel. Ourense. Caudal da morte.

 

ecol4.jpg (12778 bytes)

Minicentral do Deva en Pontevedra.  A Cañiza. Hidrogiesta. Caudal da muerte.

ecol6.jpg (8285 bytes)

Minicentral de Castadón. Fenosa. Caudal da muerte.

ecol8.jpg (22550 bytes)

Minicentral de San miguel no Tuño. Caudal da muerte.

Ausencia de caudal ecolóxico. Sencillamente non hai río.

Como este inda hai uns cantos en Galicia...

ecol7.jpg (7472 bytes)

Algúns exemplos en Ourense: O Viñao en Cabanelas. O Sil na rúa. O Bibei no Bao. O Xares. e un longo etc. Hoxe empezan a deixar un pouco de caudal, un grifiño, para que non se de diga...

 

A picaresca de algunhas compañías hidroeléctricas cós caudais ecolóxicos. Historia para non dormir. Merece a pena velo.

Para ampliar ver o que se entende actualmente por caudal ecolóxico. Ver  o que debera ser.

Regresar a Lingua.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Caudal ecolóxico: o 10% do caudal medio anual

 

Este caudal ecológico que se aplica actualmente nos ríos de Ourense e galegos, demostrou a misma Xunta de Galicia (o informe usado por esta páxina www procede da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural) que era totalmente erroneo e insuficiente.

Galicia é distinta e as técnicas foráneas soen dar malos resultados. É moi corrente esta práctica, polos constructores das minicentrais e centrais, que van ó fácil, á obtención rápida de cartos, importándolle cero a natureza.

A misma Xunta de Galicia critica este método xa que:

  1. Os ríos galegos teñen un marcado réximen pluvial con máximos invernais e mínimos estivais.

  2. Os ríos teñen altos coeficientes de escorrentías e pouca capacidade de retención.

  3. Non se garantiza a permanencia do salmón e a troita.

  4. Hai un descoñecemento total sobre a migración reproductora, que todos sabemos se estimula con un caudal grande. O caudal do 10% é un desastre.

  5. As enchentas naturais limpian os cauces dos depositos  acumulacións de oucas e vexetación. Esto non se ten en conta.

  6. Hai un gran descoñecemento sobre a existencia de outras comunidades integrantes no ecosistema acuático. Os macroinvertevrados son a fonte de alimento dos peixes. Un caudal mínimo deste estilo remata con eles.

  7. A crencia de que un caudal ecolóxico pode se-lo o estiaxe, xa que se produce tódolos anos e non pasa nada, é descabellado. Esto non pode ser perpetuo. A detracción do caudal produce cambios no sustrato, na calidade fisico-química das augas, aumento da temperatura. Esto conleva o aumento dos ciprínidos e a  desaparición dos salmónidos. Todo este desastre xa se ten observado en Galicia.

Según todo o anterior (de forma resumida) dedúcese que o caudal ecolóxico do 10% do caudal medio anual é un desastre. Vese, perfectamente según a Xunta que poñer en práctica outros tipos de caudais é prioritario.

O peor de esto é que non se poñen medidas correctoras e sigue ano tras ano o desastre.

Esto está escrito no ano 1998. Hoxe, xaneiro do 2004, non se tomaron ningunha medida que palie estos desastres, pero de ningún tipo, os caudais siguen sendo cada día que pasa, máis nefastos e as empresas hidroeléctricas de todo tipo fan o que lles da a gana.

Parece que os ríos, son únicamente seus. En exclusiva. Realmente é un roubo a man armada.

 

flecha.jpg (1051 bytes) Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nova metodoloxía para establecer o caudal ecolóxico de centrais e minicentrais de Galicia.

 

Os  criterios de elección de caudais deben ser os siguintes (según un estudio amparado pola Xunta e firmado por eafor s.l. (estudios cinegéticos e piscícolas ano 1998) :

  1. En ningunha época do año o caudal será inferior ó caudal medio de estiaxe, entendendo como tal o valor promedio dos caudales medios interanuales de xulio, agosto e setembro. O caudal mínimo absoluto será o caudal natural de estiaxe, manteñido soio durante xulio, agosto e setembro, nunca circularán caudais menores que o caudal mínimo absoluto. Nota: este criterio (o 10% da anchura real) non se considera aplicable ós ríos galegos).

  2. Na época da freza fixaraxe o CAUDAL ÓPTIMO DE FREZA. Bastante superior ó 10% actual.

  3. O resto do ano procurarase cumplir as condicións mínimas ou óptimas de ADULTOS, según os casos, de forma que se obteña unha anchura ponderada útil suficiente.

  4. Simularase unha crecida otoñal para estimular a migración de salmónidos, como especies principales dos ríos galegos, procurando unha profundidade media de al menos 35 cm naquelas  seccións máis limitantes para o paso.

  5. Mantenemento de caudal suficiente para a época de desenrolo embrionario (en función  da anchura ponderada útil para estas fases) e migración de baixadas posteriores á freza ( en función de unha profundidade media suficiente).

  6. Teranse en conta o posible aumento da temperatura ( en función da orientación e grado de sombreado). concentración de efluentes (en función do número e tipo de vertidos existentes) e o avance de ciprínidos debidos ás detracciones de caudal

O anterior é, deixando aparte consideraciones técnicas, o resumen do estudio realizado pola casa citada.

Para terminar e partindo da base de que o anterior é discutible dentro de uns mínimos, a pregunta é :  Ponse en práctica en Ourense e en Galicia ?.

A respuesta é rotunda: NON.

En Galicia actualmente siguen un método distinto, os galegos somos así...

En Galicia síguese un método especial , o nome é "A ollo". Así nos luce o pelo ...

É o método ideal para o bolsillo das empresas eléctricas.

 

flecha.jpg (1051 bytes) Subir.