Cacifo

 

    O Cacifo”, xenéricamente chámaselle “cacifo” a calquer recipiente que está destiñado a conter cousas de pouco valor, entre outras cousas. Neste caso chamo cacifo á cesta da pesca. O correcto é decir "cacifo para as troitas" máis que cesta das troitas.

Tamén se dice Carabelo, que é según o dicionario un cesto para gardar o producto da pesca de cana. Esta palabra está recollida entre outros por Eladio Rodríguez.

 

 

 

Do cacifo para as troitas fala por exemplo todo un especialista como Toño "O cesteiro" que dende a Serra do Leboreiro onde vive fai cestos de todo tipo, cestos de millo, cesto de fiañada, cacifos para as troitas, etc.

Revista Lethes. Cadernos culturais do Limia, nº 7. Inverno 2006.

 

 

 

 

A cesta das troitas chámase en moitos lugares Carabelo inda que esta palabra tamén se utiliza para os cestos de dúas asas que se levan baixo o brazo. (Eladio Rodríguez)

Na fotografía unha troita do río RabaÇal; a troita está por riba do carabelo.

 

 

Na fotografía vese un pescador de troitas precisamente collendo unha troita coa sacadeira e levando colgado ó lombo "un cacifo para as troitas".

O feito de incluir esta palabra é por simple curiosidade milla, non collecía esta palabra e vexo que é moi utilizada.

 

 

 

 

Na fotografía nove troitas por riba do carabelo. Este tipo de fotografías miñas pretenden ensinar as troitas, esta claro que esas troitas levoas dentro do carabelo e entre fentos femias para que se conserven mellor.

Esta pescata fíxena no río Xares fai uns anos.

salir.jpg (922 bytes) Saír.