CORGO.

Un CORGO é unha poza natural no curso dun río, tamén pode ser artificial, neste último caso utilizada para sumerxer o liño. As veces tamén tamén é unha poza artificial onde se recollen as augas para logo regar.

O  corgo é sinónimo de poza. As veces utilízase a palabra corgo por corga.

O corgo é polo tanto unha poza profunda. Nos ríos antiguamente nestas pozas sempre había algunha troita moi gorda e vella. Hoxe xa case non hai troitas e menos vellas. 

Nesta poza ou corga sempre houbo troita moi grande.

Trátase da Peneda no río Arnoia. Un corgo natural que hoxe está medio defesnestrado polas minicentrais que se están a facer na zona.

........

O corgo dos fumes, mellor pozo dos fumes. Trátase tamén dunha poza natural no río Arenteiro, preto da zona da desembocadura no Avia.

................

Esta poza natural é o corgo dos peixes no río Navea, pozo dos peixes ou poza dos peixes. Trátase dunha poza natural pequena pero moi profunda, ate tres metros de profundidade.

É unha presa moi visible e nos últimos anos non teño visto nela troitas grandes; si que sempre está chea de peixes e bogas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.