Unha  presa é unha construcción feita nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga (se o muro é de pedra chámase tosta en moitos lugares de Galicia, omo en Lalín)  para acumulala independientemente do seu uso posterior para regar ou para un muiño, etc. Tamén se chama represa, encalco, calzada, zudra (na Limia),  preseira (por Hermisende (Zamora)), ceña (por Carballedo. Pontevedra).  O encoro ou pantano é outra cousa, polo menos para mín; é a auga, ou sexa a cantidade de auga almacenada na presa.

Tamén se entende por presa o volume de auga acumulada por esa construcción.

Logo, o que se fai coa auga,  xa é outra cousa: regar, mover un muiño, etc.

Algunhas presas ou represas:

Presa do muiño de Allariz.

Os nosos antepasados sabían compaxinar a natureza coas súas construccións que usaban a natureza. Hoxe non, normalmente rachamos coa natureza. Por esta represa suben perfectamente as troitas cando crece o río.

Por presa tamén se entende a auga acumulada.

Presa no río Arenteiro.

 

Esta presa abastecía de auga a unha piscifactoría no mismo Parque do Carballiño.

Presa no río Arnoia en Ourense , na parte alta. 

 

Esta presa recolle a auga para un muiño.

Por esta presa suben perfectamente as troitas nas enchentas.

Normalmente as presas son un auténtico viveiro de troitas xa que son profundas,  acumulan moita auga e as troitas teñen máis defensa na estiaxe do río.

 

Presa no río Arnoia en Ourense.

Esta é a fotografía dunha presa típica do río arnoia. A fotografía é de Jose Mª Salgado, e dende logo é sensacional.

As presas ou represas sempre se aproveitan para algo.

Falando de pesca a presa sempre ten algunha troita grande, polo que hai que estar atentos as sorpresas.

 

Presa no río Tambre en Santiago.

Nesta imaxen vese unha presa no río Tambre. A fotografía tamén é de José Mª Salgado.

Esta presa abastece de auga ó muíño que se ve na parte esquerda da fotografía, muíño que está a traballar.

A caída da presa, o cachón é un lugar excelente para coller boas troitas.

 

Río Arnoia. Presa do Rexo. Allariz. Fot. Secundino Lorenzo. Abril 2014.

salir.jpg (922 bytes) Saír.