Como dí Xaquín Lorenzo os productos dun río son moitos: anguías, salmóns, troitas, lampreas, bogas, barbos,  sábalos,  e un longo etc.

Os aparellos de pesca,  son aqueles  aptos para a pesca destes peixes. Hai un link en internet que trata  este tema, este é o link .

O lector pense nos seguintes aparellos de pesca: lampreeiras, fisgas, boitirón,  pescos, cabeceiras,  nasas,  cordas, miudeiras,  trincadas, tascas, rañeña,  salmoeira, alxerife,  estacada, cercote, tallada,  solleira,  enrufa,  rello, angarello,  sabaleira, barredeira,  trallo,  chumbeira, cana, etc. Casi nada. Todos eles poden verse no libro "O mar e os ríos" de Xaquín Lorenzo en Editorial Galaxia.

Vexamos simplemente algúns exemplo:

 

 

 

 

Esto é unha nasa. O sistema é simple ten unha entrada sinxela no cesto, no fondo ponse o cebo ou carnada. A anguía ou lamprea entraba nela có cheiro da carnada, logo, polo sistema que tiña o cesto, xa non podía saír.

As nasas tamén se chaman Nasón, amoleiro grande (si é de maior tamaño), gardeiro ou cacifro (mantén o peixe na auga).

 

 

 

 

Cando era neno en Barra de Miño, na desembocadura do río Barra, as nasas deixábanse en gran cantidade no río. Dentro púñase calquera cousa de comer. O día seguinte estaban cheas de anguías.

Hoxe en Barra de Miño xa non suben as anguías e estos trebellos xa sirven de pouco.

 

 

 

Esta é unha corda típica, por suposto o sistema ten moitas variantes, como pode verse leva dúas pedras en cada una das puntas, logo no sedal póñense os anzós con carnada que normalmente é unha miñoca.

Estas cordas quedan pola noite no río e o día seguinte caen as troitas e anguías con bastante facilidade, sempre que as haxa.

 

 

 

 

Hai moitos sistemas de facer as cordas típicas dependendo onde se utilicen. No dibuxo vese unha corda de varios anzós. Normalmente púñase no río atada a unha árbore.

Por suposto hoxe as cordas están prohibidas.

 

 

Por suposto que esta é unha pequena mostra de aparellos de pesca.

Paréceme moi interesante esta selección, sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta. A nosa Terra. 2007.

Aparellos de pesca que se usaban. Hoxe a maioría son ilegais.

---------------------------------------------------------------

O boitirón que se usa para coller lampreas, pero poden caer salmón, troitas e de todo tamén se chama Armadilla, Galero (no Cabe), Naso (No páramo), rede Sapeira (no Ulla) e Piagueira (en Toén).

A ventela tamén se chama sacadeira, rodaño, garabato (Portomarín) e rede das arroiadas (Cabe).  En Ourense chámase tasca e tamén trincada.

O trallo tamén se chama Pardello (no Ulla e no Miño), Marsil (Ulla) e picadeira (en Caminha).

Lendo un artigo de Eduardo Prieto C. "Contos da Ribeira Sacra", "A Terra onde me criei" atopo a palabra curiosa "galarito" , onde fala de enxeños para a pesca das fuxídidas troitas...O artigo fala do río Mao afluente do Sil na Ribeira Sacra de Ourense.

Investigando atopo na páxina do Museo de Arxeriz tres palabras moi interesantes referidas precisamente a enseños de pesca:

 

 

 

No dibuxo está un galarito, tamén chamado  nasa e masoiro. O galarito usábano para pescar anguías e troitas.

Parécese moito  o boitirón.

 

 

 

Esta nasa especial tamén se usaba en pequenos ríos para pescar troitas.

Nasa pra troitas, para distinguila da nasa para anguías.

 

 

 

Un forcado tamén se utilizaba para recoller peixes no río. Tiña a forma que se ve arriba.

 

Río Barbantiño por Punxín, un río que nos anos 1950-1968 era dos mellores da provincia en troitas e anguías. Logo os encoros de Castrelo primeiro e Frieira despois os dous de Fenosa, hoxe Naturgy, e a mincentral que fixo Engasa por riba da Fervenza do Barbantiño fixeron o R.I.P. a este gran río. Claro que é moi doado decir esto e botar a culpa a estas empresas! a culpa tenna tamén Medio Ambiente en deixar instalar estas presas e que non cumplan as leis. Fenosa ou Naturgy non as cumple hoxe no 2020, as especies migratorias no río Miño, troitas, salmóns, lamprea, anguías, sábalos, sabelas non pasan Frieira e Engasa, no río Barbantiño,  fixo de todo cando instalou a minicentral, por exemplo o 11/11/98 deixou seco o río e neses días non tiña escadas para subida das troitas, logo posteriormente meteu escadas...

Central de Frieira a 75.5 km. de la desembocadura do río Miño. 1967. Nunca deixou subir as especies migratorias, sempre con remendos "ex-cátedra" pero nada de nada. No futuro o máis normal sería tirala en parte e así cumplirán a lei.

Minicentral do Barbantiño sn construcción. Un desastre. Logo puxeron escadas...

O día que pecharon a presa da minicentral saquei eu esta fotografía, o río iba seco, foi o 11/11/1998. ¡ Pobre río Barbantiño iba sin auga como pode verse!

 

--o--

Por suposto non podía faltar nestes aparellos a cana de pesca tal cual. Lembró varias anécdotas que vivin eu en algún río preto de Ourense como o Barbantiño, un dos mellores ríos troiteiros e de anguías de Galicia polos anos sesenta. A anécdota é a seguinte algunhos días levaba a miña cana e unhas miocas ao río e un libro. Armaba a cana coa mioca en calquera pociño e puña na punta da cana un cascabel que inda conservo. Botaba a mioca ao río simplemente con un plomo, a uns 30 cm. do anzó,  de varios gramos para que fora o fondo, puña a cana en un pau en y griega e sentábame a leer o libro. A anécdota é que moitos días non pude leer nin a primeira folla. Era botar e sacar,  e todo anguías... ¡como subían do río Miño aquelo era unha feira!....

¡Hoxe no río Barbantiño non hai anguías xa que os encoros de Frieira e o de Castrelo non deixa subir a anguías nin ningunha especie anádroma.

¡Unha mágoa! e eu diría un roubo que se lle fai a todos os galegos, en particular a este gran río...que xa foi...

 

Información sacada deste link http://www.sotodefion.org/espa/cultura_mat2.htm

sobre o Museo de Arxeriz, no Saviñao (Lugo).

salir.jpg (922 bytes) Saír.