Fosas tectónicas- Fracturas

Unha fosa tectónica é unha zona de afundimento, separada na súas partes laterais ergueitas e atravesadas por fracturas. Hai distintos tipos.

Aquí vese o proceso de actuación das forzas tectónicas de A (forzas laterais), B (provocan o afundimento no centro), en C (sigue o proceso) que remata en D.

 

No dibuxo están representadas as forzas que actuan na súa formación.

Río Miño dende antes de Ourense ata Ribadavia, presenta unha fosa tectónica clarísima. Pode intuirse na fotografía do Google Earth xa que na parte dereita están as montañas por onde van os ríos indicados e na parte esquerda onde pon Río Miño son tamén montañas. Ou sexa como está o dibuxo en D.

 

O río Miño dende antes de Ourense ata Ribadavia está nunha fosa tectónica, concretamente o fondo da foxa está testimoniado pola presencia de augas termais: Burgas de Ourense, Laias,Barbantes...

Estos datos están recollidos do libro "Os ríos de Galicia" de Fco. J. Río Barja e Fco. Rguez. Lestegás.

 

 

As fracturas son grietas ou discontinuidade do terreno que están producidas polas forzas tectónicas.  As fracturas dan lugar a roturas que poden ser simples (diaclasas), onde non hai desplazamentos ou poden desplazarse os bloques por exemplo nas fallas (paraclasas).

 Sigo co río Miño e as fracturas que hai entre Ourense e Ribadavia.

En esquema

Simplemente engadín os nomes dos ríos onde están as fracturas. Ver como o río Miño se axusta perfectamente a elas. O Ribeiro é según os autores do libro citado un dos lugares onde o axuste é incrible. Esto está sacado do mapa de Pérez Alberti que é todo un especialista nestes temas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.