Luz

 

Falando de pontes, a luz é a distancia horizontal que hai entre os arrinques dun arco ou bóveda.

Ver na fotografía:

 

A luz da Ponte Nova de Ourense é de 75 m. Observar que se mide dende os arrinques do arco neste caso parabólico.

A fotografía é de Martiño Pinal e nela vese a Ponte de ferro ou Ponte nova e detrás a Ponte do Viaducto do ferrocarril. Esta foto é histórica para Ourense e para Galicia, xa que polo viaducto está a pasar por primeira vez o Ave, era a súa primeira viaxe, dende Madrid,  e foi o día 22 de novembro do ano 2021, o reloxo marcaba as 11  A.M. Levoulle 2 horas e 15 minutos dende Madrid a Ourense. ¡Incrible!. Sinto estropela para indicar ó que é a luz dunha ponte, pero tranquilos xa que a misma fotografía sin estropeala téndela no apartado de Pontes de Ourense cidade sobre o río Miño.

 

O arco central da ponte romano-medieval de Ourense ten 38,20 m. Dicen que dentro das pontes romanas que hai no mundo esta é a que ten maior luz. Descoñezo si é ou non certo.

A fotografía é do que escribe: Secundino Lorenzo.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.