Arco iris   

  

     O Arco iris é un fenómeno meteorolóxico consistente na aparición de arcos de cores (as sete cores do espectro) producidas pola refracción e reflexión das raiolas de sol nas pingas de chuvia.

Esta é a choiva que pode producir o arco iris. Unha choiva moi miuda que cae lentamente e que alterna con raios de sol. Chámase en galego froallo.

 

Tamén se chama Arco da Vella  e  Arco das Bruxas entre outros nomes.

 

O feito de poñer esta palabra no meu dicionario fluvial débese a unha crenza popular que dice que "o arco iris baixa a beber a auga dos ríos" . Seguro que é certo...

 

Tamén se dice que onde remata o arco iris  hai un illó.

 

    

Os sete cores (hai xente que sostén que son seis, que Newton dixo sete xa que este número, o sete,  para el, era un número  cabalístico)  non son fáciles de distinguir, de esquerda a dereita deberán ser: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, azul oscuro (índigo) e o violeta. A fotografía está sacada en Vilasouto (O Incio -Lugo).

 

 

 Mellor se ven neste dibuxo, sempre que fagamos o esforzo de ver ao azul oscuro entre o azul ceo e o violeta.

 

 

Arco iris no encoro de Vilasouto. O Incio. Lugo. Fotografía do autor da web.

Así  escribía, de forma marabillosa,  Xerardo Álvarez Lineses , no seu poema "O arco da vella", en 1934. O poema aparece no libro "Os cen mellores poemas da Lingua Galega", escrito por X. Alonso Montero:

O Arco da Vella.

   Dende o piñeiredo de Vilanoviña

o arco da vella ergueuse a beber,

tanta sede tiña

que fixo surrindo un vó de anduriña

e foi dun esguello nun río a caer.

Ó sentir da auga a caricia leda

espallouse en néboa pola tarde mol

i enchéndose dela colgou na robleda

seu pano de cores tinguido de sol.

 

  O pasmo das xentes deulle preitesía:

xa o frescor da auga non lle apetecía

e como as gabanzas lle sentaban mal

voltou pouco a pouco, con gran señoría,

rubindo do río cara o piñeiral.

 

Arco iris doble. Mende. Ourense. Galicia

Arco Iris. De paseo polo río Loña en Mende (Ourense). Fotografía Secundino Lorenzo

As veces,  como esta,  o arco iris é doble.

Efectivamente nesta fotografía está claro que este arco iris está a beber auga do río Loña.

 

O río Lonia é un afluente do río Miño,  xusto debaixo desta pasarela,  e nun lugar marabilloso da cidade de Ourense. A fotografía é de setembro de 2012.

A dereita da fotografía anterior está unha plataforma que é onde se colle a auga para beber a cidade de Ourense. A vista marabillosa  permite ver a nova ponte colgante de Ourense que pecha un circuito-andaina único de máis de 14 km. Ao fondo está a central hidroeléctrica de Velle. A dereita podedes ver un muíño de acea típico do río Miño. En Ourense cidade había catro marabillosos, dous están están inda en pé e outros dous están desfeitos (o do cachón ou praia da Concha e o da Ponte Maior de Ourense que inda están as pedras, pouco costaba reconstruilos...).

Os ríos son o ouro do futuro, está claro. O río Miño non vai en boas condicións a pesares de ser o río pai de Galicia (por certo últimamente metín unha ficha, en internet,  moi completa,  e que sigue aberta,  do río Miño como "Pai dos ríos galegos", o que había e sigue habendo sobre o Miño na wikipedia en castelán paréceme un insulto, o que está en galega, na galipedia, cada día está mellor, na miña web sobre o Miño entrades con "paimiño.es" ou "paimiño.com" según sexa en castelán ou galego escribindo directamente en google, sin comillas)...

 

Arco iris, ou arco da vella, bebendo no río Miño:  a dereita (pola Ponte Vella)  e  a a esquerda (por Puga)

O día estaba un pouco feo. Febreiro de 2014 (Ourense)

 

 

 ------------------------------------------------  

  

SOBRE A CANCIÓN  "Over the rainbow..." cantada por Eva Cassidy

Eva Cassidy. Coa miña admiración por esta gran cantante...

Eva Cassidy 1963-1996. ("Over the rainbow"; do seu disco Songbird neste link tendes unha biografía. Escoitar a Eva por exemplo en "Field of Gold" ou interpretando jazz, ela cantaba ó que quisera."Blues Alley concert" por exemplo.... Aquí en "Stormy Monday" ésta insuperable... Unha mágoa que morrera de cáncer con 33 anos...)

Pulsando aquí podedes escoitar "Over the rainbow"  de Eva Cassidy.   

 

Simplemente decir dúas cousas sobre esta canción que aquí está versionada por Eva Cassidy, unha cantante que tuvo moi mala sorte na vida e non pasou de ser, en vida,  unha cantante de carretera, pouco máis...Pero ¡como cantaba!...

A canción "Over the rainbow"  cantouna por primeira vez Judy Garland  na película "O mago de Oz" en 1939. Logo fixo historia, e ten moitísimas versións...Esta é para mín a mellor...

Dende logo é unha canción mítica, que seguro que xunto a "Imagine" dos Beatles son, según moita xente,  entre a que me inclúo,  das mellores letras da historia. Non quero esquecer tamén a letra da canción  "Always on my mind", de Wayne Carson  , que cantou Elvis Presley e que fixo famosa tamén  Willie Nelson.

Ó ¿por qué a poño de música de fondo da fotografía do arco iris?:   é unha cuestión persoal...un soño... gustaríame que ó que estou a facer con este traballo sobre os ríos e a nosa natureza sirva para algo, e que nun tempo pequeno, ¡mañán xa!,  poidésemos ter unha natureza en Galicia, e no mundo enteiro, marabillosa, cuns ríos, todos,  limpos, sans e con vida...

Ese é o meu desexo que pido a unha estrela, sobre algún lugar do arco iris...seica os soños que se fan dende ese lugar do arco iris fanse realidade...Eu atrévome a soñar eso...

A letra da canción  dice máis ou menos así: 

Sobre algún lugar do arco iris, moi moi alto,

 hai unha terra da que escoitei contar nunha canción de cuna...

Nalgún lugar sobre o arco iris

os ceos son azuis

e os soños que te atreves a soñar fanse realidade.

Algún día pedirei un desexo a unha estrela

e despertarei moi lonxe das nubes

deixando atrás os problemas

lonxe, moi por riba das chemineas

alí é onde me atoparás.

Nalgún lugar sobre o arco iris

voan os paxaros celestes;

entón por qué eu non podería tamén voar?...

Si os paxaros voan alegremente

máis alá do arco iris,

¿por qué eu non podería?

 

-o-

¡Cos meus mellores desexos!  Secundino Lorenzo.

Si tendes unha foto bonita sobre o arco Iris e a nosa Galicia, mellor co fondo dun río ou regato,  mandala ao correo anterior, poreina neste apartado ...

Fai uns días fixen esta fotografía en Vilasouto (O Incio -Lugo).

O arco iris bebe doblemente do río Mao, a esquerda no regato que forma o encoro,  e a dereita no encoro. No medio este castiñeiro marabilloso...Maio 2014. Fotografía Secundino Lorenzo.

Quero facer unha dedicatoria desta fotografía, a un poeta único en Galicia que foi Manuel María. Para el vai tamén esta palabra "O arco da Vella". Un poeta que nos deixou este poema marabilloso entre outros moitos:

Escribín esta dedicatoria o día 17 de maio de 2016, un ano adicado a Manuel María co galo do Día das letras galegas.

O ARCO DA VELLA

O arco da vella

no ceo subindo

co seu colorín,

co seu colorido.

 

O arco da vella

con sete colores

que teñen, no ceo,

beleza de flores.

 

O arco da vella

no ceo chantado

co seu colorín,

co seu colorado.

 

O arco da vella

é un arco triunfal

con sete guerreiros

que a ninguén fan mal.

 

O arco da vella

de luz  feito é.

Resulta un milagre

que siga de pé!

 

Manuel María.

 

 

Saír ao dicionario fluvial.