Carballeira.

 

As carballeiras son lugares poboados de carballos ou terreo onde predominan.

Dende logo as Carballeiras poden estar pretos dos ríos, inda que no sexan características dos mesmos.  A Carballeira de Gres no río Ulla é famosísima e preciosa. Tamén a carballeira de Caldas de Reis, a carón do río Umia,  é marabillosa. Outra carballeira moi bonita é a de Berdeogas en Dumbria, tamén a carón dun río o Albarellos, afluente dorío Castro.

Estas son as posicións dos árbores de ribeira en moitos casos. Pero as carballeiras as veces están a carón dos ríos:

Así a liña 1ª é a carón do río, neste caso poño como exemplo o río Lor, no Caurel: nesta liña 1 están os  salgueiros, bidueiros e amieiros. (Norma xeral)

Así na   2º liña: os chopos, freixos, etc (Norma xeral)

Árbores en   3º liña: os  castaños nos soutos e os carballos nas carballeiras,  etc. (Norma xeral)

 

Aínda que se trata de vexetación autóctona e de formacións que poden atoparse en estado natural, o home debeu influír bastante nelas, xa que están documentadas importantes plantacións de carballos en Galicia entre os séculos XV e XVIII. Prefiren solos fondos e clima húmido, e melloran a calidade do solo sobre o que se asentan. As carballeiras sufriron unha gran diminución do terreo que ocupaban, a pesar do cal aínda existen na actualidade algunhas de notable extensión.

As Carballeiras en Galicia son algo mais cun conxunto de árbores..."Ei carballeira, o que me dé un pau doulle un peso, e sí é de carballo trinta reás....."  dito típico de Graíces , preto da Peroxa en Ourense

En algúns lugares os bosques de carballos tamén se chaman touzas e carballal ( por exemplo en Camba ( ourense)). Tamén Carballal, Carballedo e Carballidos.

Os romanos chamánbanlle os lugares onde había carballeiras Lucus, precisamente o nome de Lugo que ven desta palabra fai referencia a lugares onde había carballos. Parece lóxico pensar que en Lugo houbese un bosque sagrado ou algo similar.

En Galicia hai carballeiras en moitos concellos, moitas delas moi famosas, como:

Carballeira de Grés. Agosto 2012. Un lugar único. Esta carballeira está nunha insua no río Ulla.

En breve porei unha mostra de fotografías deste lugar. No apartado de fotografías.

Carballeira de Berdeogas en Umbría. Outro lugar marabilloso.

En breve porei unha mostra de fotografías deste lugar. No apartado de fotografías.

 

Carballeira de Caldas de Reis, a carón do río Umia.

salir.jpg (922 bytes) Saír.