Casamelos: herba cana.

Os casamelos,     en español herba cana, científicamente o Senecio vulgaris é unha das tres herbas que se utilizan para envelenar os ríos e poñer as troitas panza arriba e logo collelas. Tamén se chama envarbascar o río, palabra recollida na zona do río Mandeo  por J.L. Couceiro. As tres son: o trobisco, os casamelos ou herbas cana e a ruda. Decir xa que esto é unha barbaridade ilegal totalmente. Unha salvaxada que algúns fan cós ríos...

Este é o trobisco.

Esta é a ruda, outra herba letal para as troitas, que tamén se machaba co trovisco.

Estos son os casamelos.

 

Do trobisco tendes referencia nesta ficha deste mismo dicionario.

Vexamos detalles dos casamelos:

 

 
 
 

Esta herba é moi coñecida en Galicia, por algo ten moitos nomes: casamelos, cascamelo, manteigueira, herba crecha, morga, herba das troitas, herba da familia,  cálcemo, cascabel e un longo etc.

O máis normal é chamarlle casamelos ou herba das troitas.

Dende logo é moi familiar e abondosa.

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm, con talo moi ramoso como se ve na fotografía.

Chámase herba das troitas xa que se usaba para envelenar o río, que na zona do río Mandeo chámase envarbascar o río, xunto coa ruda e o trovisco. Esta herba e o trovisco soias. A ruda mezclada con excrementos.

 

 

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm.

O talo é moi ramoso.

As follas son moi características e definen a planta xa que son un pouco carnosas e están divididas de forma bastante irregular en lóbulos dentados.

As cabeciñas que leva en toda a planta tamén é moi característica, así como os froitos en pelotiñas blancas.

 

Florece prácticamente todo o ano.

As follas van envolvendo o tallo.

Leva moitas cabezuelas ou capítulos de medio centímetro moi característicos, ver na fotografía de cor amarelo.

Nesta gran fotografía, da que descoñezo o autor, vense as cabezuelas moi características.

 En galego son os capítulos (infrolescencia formada por moitas froles sentadas e colocadas enriba dunha base). O exemplo vese na fotografía.

Componse dunha rengleira de brácteas que levan o pé pequenas escamas con punta negra.

Frolece casi todo o ano.

 

Os froitos teñen o aspecto que se ve na fotografía é unha especie de pelo blanco.

¿Quen non soplou algunha vez estos froitos?. Pois hai que facelo...

Aparece en moitos lugares: fincas, xardíns, lugares onde se bota o lixo, e por suposto a carón dos ríos.

Na fotografía do autor da www, a flor da  herba das troitas sirve como imaxen da Ponte de Mandrás no río Arenteiro Ourense.

En castelán chámase Hierba cana, hierba de las quemaduras, lechocino, zuzón e outros nomes.

 

Casamelos no paseo das ninfas en Ourense. Río MIño. Autor da web.

Saír.