Chamábanse
Quebrada,
en Portugal cobrada, a un
conxunto de traballadores da
pesca de río, que estaba
integrada por pescadores e
patronos. A súa misión era sair
a pescar, por suposto acatando
as leis internacionais. Faenaban
entre febreiro e xuño. Había
pescadores profesionais e
labradores según a temporada.
Na fotografía
vese unha quebrda das moitas que
había, observar que había
mulleres e homes.
Conta Eliseo
Alonso que ningún pescador foi
capaz de darlle o significado e
a orixe da palabra quebrada, que
recibiron por tradición.
O parecer as femias tiñan no
ventre as "millaras" que eran os ovos do sabel e seica eran da
calidade do caviar. Os machos tamén poseen unha especie de fígado,
llamado "leiteiras" (esperma) tamén moi sabrosos e nutritivos.
A pesca máis
importante era a do sable ou
sábal, sobre todo no mes de
Abril, como dice Eliseo Alonso
no Corazón da ceifa. Era
cando se collían máis grandes.
O sable
pequeno que chamaban
rola
non era tan apreciado.
O sabel sempre foi, tamén para
os romanos un peixe de moito valor, fonte de riqueza e alimento de
primeira calidade.
Nesta fotografía sacada do
libro Ribeiras del "Baixo Miño"
1997 de Praxiteles González
vese un grupo de pescadores do Baixo Miño, , pescadores
de alxarife (tipo de pesca con rede grande), son a "Quebrada de
los Labucos".. A todos lles corresponden "promesas"
polo tanto a
captura de ese día superou os 120 sábalos. Observar os exemplares que levan pra casa.
As
promesas é que pode levar para a casa
un sabel, sempre e cando a pesca superara os 120 sables.
A súa pesca deportiva ten moita
importancia,
por exemplo en Francia.
“Boa é a troita, millor o
salmón, bo é o sábalo cando é de sazón”.
Outra quebrada e todos con
"promesas". Estas fotografías xa son historia...
Saír
o dicionario.
Saír
ó río Miño