Entullo.

Chámase ENTULLO os restos de pedras, terra, etc., que arrastra unha corrente de auga cando chove moito e que se deposita nunha beira do leito do río. Tamén se chama trollo e por suposto bulleiro, pero esta palabra aplícase a todo,  esté ou non no río.

No Incio as terras arrastradas que se depositan nas beiras dos ríos chámanse brozadas.

O secarse forman unha lamorqueira, que é un terreo onde hai moita lama.

Tamén se fala de tremedal que é un terreo cuberto de herba e onde hai moita auga, de forma que treme o andar sobre  el. Desto sabemos moito os pescadores xa que neste lugares hai que andar con cuidado , podémonos enterrar. O tremendal pode formarse pola rega do prado ou ben pola enchenda do río.

Tamén vín a palabra canipa cando na corrente dos ríos se ven polas das árbores vellas, que simplemente caen o río. Concretamente na tradución que fixo Xela Arias do libro "O bosque animado" de Wencesla Fdez. Flórez, ,  na estancia XV  "Un insecto riba da auga", que fala da pesca da troita, utiliza esta palabra.

Entullo depositado a beira do río Cabe, en Ribasaltas. Agosto 2012.

 

 

Na fotografía vese o típico entullo dos ríos en Galicia, zonas polas que hai que andar con cuidado xa que se pode enterrar un bastante cando vai de pesca.

Estos entullos teñen unha vexetación especial xa que están formados por unha gran cantidade de terra, follas, etc.

Tamén se chama no baixo miño boallo, sobre todo onde hai vexetación de xuncos na beira do río. Palabra que utiliza Eliseo Alonso no seu librto "pescadores del río Miño"

Estos terreos son unha lamorqueira, xa que queda moita lama neles.

 

 

 

En realidade son beiras dos ríos con moi pouca auga, con corrente lenta ou nula e que forman fondos lamacentos.

O paso dos días pobóanse dun gran número de especies que sacan as súas flores o exterior.

Son típicos dos entullos os xuncos, espadainas, espigas de auga, bións, etc.

Esto é un tremedal, no que debemos andar con cuidado, xa que se afunde un moito...

salir.jpg (922 bytes) Saír.