Troita - Bical

As troitas bicais son as que teñen a mandíbula inferior extendida, formando unha especie de bico retorcido que se introduce na mandíbula superior. As troitas que presentan estas diferencias son os machos vellos que ademais teñen o ventre máis contraido que as femias.

Esta troita bical,  non ten dúbidas, trátase claramente dun macho, ten claramente a mandíbula inferior en forma de pico.

Observar a lonxitude da mandíbula inferior en comparación coa superior.

Foi collida no río Bibei en Viana do Bolo e botou 11,250 kg. Unha barbaridade...

Si é femia chámase troita-sapa polo menos pola zona de Cotobade.

Esta troita non é bical e ademais é unha femia. As femias non teñen a mandíbula inferior tan afiada, teñen os ocelos menos marcados entre outras cousas.

A de abaixo é  macho a de arriba femia. Os ocelos ou pencas son máis marcados nos machos. Hai outros datos para distinguir o macho da femia.

salir.jpg (922 bytes) Saír.