BECHOCO

Bechoco

En Galicia chámase bechoco a todo bicho pequeno que se utilice para a pesca. En realidade a toda larva, verme ou insecto que se utiliza como engano para pescar. De feito tamén se utilizan os nomes de bicho, becho, bichoco, besbello (mal usado). En castelán gusarapa.

Trátase dunha larva dun efemeróptero, un insecto que vive nos nosos ríos, en principio debaixo das pedras,  e que logo se convirte en voador (mosca de maio o mosca das pedras), tamén un bon engano para a pesca.

Unha vez que sae o caparazón que queda na pedra é a exubia.

 

 

Aquí está o típico bechoco,  que viven a miles nos ríos galegos sempre que estén sanos  ou sexa non contaminados.

En realidade trátase dun insecto que vive adaptado as correntes perfectamente e que se alimenta doutros bichiños dos ríos.

Son un manxar exquisito para as troitas.

Hai varios tipos.

 

 

Outra larva de efemeróptero parecida a anterior, hai varios tipos, a esta en León chámanlle gusarapín.

En Galicia chámase bechoco ou gusarapa como xa está dito, inda que sexa distinta a anterior.

 

 

 

Chámanse moscas das pedras xa que a ninfa sae do leito do río trepando polas pedras e logo abandona a súa coraza e convértese en mosca. Nos ríos vense estas corazas pegadas as pedras son incribles. na fotografía vense dúas corazas destos bechocos que abandonaron o río.  Observar como teñen o lombo roto...

O nome correcto, cando están así pegadas as pedras e medias secas, e por suposto o insecto xa saiu do caparazón é exubia.

 

 

 

Esta é a típica mosca de maio ou mosca das pedras as que da lugar o bechoco na última etapa da súa vida.

Inda que pareza incrible a transformación.

En realidade trátase dun efemerótero.

Exubias. Observar que o abdome está aberto que é por onde saiu o insecto volador.

 

Nesta fotografía vese como sae a libeliña da exubia que queda na pedra. É incrible.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.