Chapacuña é unha parede de pedras planas, colocadas de canto na beira dunha corrente de auga, río ou regato, para protexer as leiras das enchentas.

Tamén se dice tapacuña.

Tamén chaman, algúns, chapacuña a calquera represa no leito do río para levar a auga a un muíño ou a un prado. No dicionario de xerais aparece esta opción como nº 2. Escoito esta palabra en A Golada e tamén na Labrada.

 

 

Na fotografía vese un río e unha leira situada na marxe esquerda.

A chapacuña son as pedras verticais colocadas para protexer a leira.

En realidade nesta fotografía máis que pedras colocadas verticais parece un muro que protexe a leira. Ver estas pedras xunto a árbore na beira esquerda do río.

Tratarei de poñer outras fotografías, nas que realmente se vexan as chapacuñas cláramente.

Nesta fotografía vese claramente:

A foto está sacada no río Miño en Meira. A Chapacuña é perfecta observar que delimita o río de forma sensacional. Fot. Secundino Lorenzo.

 

 

 

Efectivamente esta que se ven enfrente si son chapacuñas.

Realmente así calquera, Manuel Fernández Vázquez que me dixo da palabra chapacuña mándame varias fotografías, a cal mellor, na que se ven estas construccións que hai en moitos ríos e regatos galegos.

Dar as gracias a Manuel por esta fotografía, pola palabra e polo interés en que este pequeno dicionario aumente as palabras.

 

 

 

Outra vista marabillosa das chapacuñas, que son pedras colocadas de canto e que permiten resguardar a leira ou horta que está a beira do río das enchentas do mismo.

Dar as gracias a Manuel Fernández pola fotografía.

O río é o Loña por riba de Mende en Ourense.

 

A fotografía terceira ampliada. A fotografía é de Manuel Fernández.

Chapacuñas no río Loña, por riba de Mende en Ourense.

 

 

Según a segunda opción esta tosta tamén é chapacuña para algúns, para outros, sobre todo en Ourense é unha presa e incluso a caída un cachón. Eu penso que non hai que liarse e distinguir a obra de pedra, que efectivamente é unha tosta e tamén unha chapacuña,  da auga que vai conter que é unha presa e da auga que cae que é un cachón.

Esto demostra unha vez máis a riqueza incrible do galego.

De tódolos xeitos a utilización máis normal é a primeira.  Foto S.Lorenzo.

Chapacuña no río Lor. Fot. Secundino L. 20/03/2013. O río viña bastante alto. Díxome o paisano que me falou da chapacuña que este ano o río chegou a ir o mismo nivel na parte de abaixo da chapacuña que na parte de arriba e que seguramente subiron máis troitas para o desove...

salir.jpg (922 bytes) Saír.