Chámanse CURTIDOIROS os lugares onde se curten as peles, ou sexa se preparan as peles dos animais para conservalas. Os homes que se dedicaban a traballar nos curtidoiros recibían o nome de curtidores ou coireiros (tamén piliteiros) e sobra dicir que tiñan que ver moito os ríos galegos no seu traballo como veremos, moi de pasada, a continuación.
Según Xoaquín Lorenzo soio quedaban tres curtidoiros en Galicia a saber en Lalín, Noia e Allariz.
Hoxe en Allariz pode visitarse o Museo do Coiro e documentarse do proceso, por suposto tamén consultando entre outros a bibliografía citada.
Link sobre o museo do coiro de Allariz.
O proceso de curtido do coiro é longo e complicado, xa que cós procedementos que usaban (por certo ao final de moitísima calidade) tardábase máis dun ano en obter o producto final. Logo os zapateiros, maleteiros, fabricantes de baúis, pelellos de viño e outros utensilios farán o resto.
O cortidor comenza por mercar os pelicos ou pelellos de gando ovino, bovino, cabalar o outros animais.
O proceso ten tres pasos que son o lavadoiro, a mudanza e o remate. En todos os procesos as augas do río son fundamentais e básicas.
O lavadeiro que se ve na fotografía de arriba eran pías feitas con lousas de pedra de 3 x 2 metros e 2 metros de fondo nestas pías, que se chaman Pelamios ponse a pelica a remollo en auga pura, ou sexa auga do río, para que solten a sal que teñen, é o típico remollo.
Logo siguen outras fases como o pelado no caleiro, o raspado, o lavado en auga limpa o escarnado e un longo etc.
En todos os procesos, repito, a auga do río é fundamental.
Ver esta páxina con algúns datos.
De feito na fábrica de curtidos da que se ve o plano arriba atendendo o número de dependencias está o proceso completo. Ver a zona do lavadoiro, a zona da mudanza e por último a de raspa ou remate.
Os interesados no tema teñen unha descripción o detalle no libro "Os oficios" de Xaquín Lorenzo Fernández.
No libro dedica 10 páxinas á describir o proceso, comenzando polos utensilios que utiliza, poño a páxina para que se vexa o detalle:
Ferramentas dos curtidores, coireiros ou piliteiros.
Xaquín remata o seu traballo decindo "...nos nosos días cúrtese mais axiña e con menos traballo, mais preciso é recoñecer que os coiros son ben máis ruíns do que eran endenantes..."
As casas dedicadas a transformación da pel utilizaban animais do contorno, que sometían logo a unha transformación bastante complicada, as técnicas usadas tuveron un gran apoxeo no século XVIII e XIX. Moitas destas "fábricas", que en realidade eran casonas de particular e funcional arquitectura, estaban apartadas xeralmente dos núcleos habitados polo seo fedorento ambente. Por suposto sempre a carón dos ríos ou regatos xa que a auga era fundamental no proceso.
Na fotografía outra vista do Museo do Coiro en Allariz, un lugar de visita obligada para aquel que queira coñecer a nosa terra, sexa galego ou non.
Fontes da ficha: libro "Os oficios" de Xaquín Lorenzo Fernández de editorial Galaxia e o libro "Ourense etnográfico" publicado pola Diputación de Ourense en 1998. As fotografías son de José Antonio López.
Museo do coiro de Allariz. Fotografía sacada desta www.
Hoxe, evidentemente, o proceso está mecanizado doutro xeito, inda que sigue sendo dificil.