AFLUENTE.    

Un afluente é un río que vai a desembocar noutro principal. Tamén se fala de confluente, un río conflúe noutro. Confluir é reunirse nun punto.

Así o Sil é un afluente do río Miño. Hai ríos que teñen a cualidade de no ser afluentes de ningún río, pero a maioría si son afluentes doutro máis importante.

Tamén se dí que o río é tributario do principal. Ou sexa,  o río tributario é aquel que desemboca nun curso de auga maior, sexa un río, un lago ou no mar. Por exemplo o río Avia  é tributario do río Miño.

O lugar onde se reunen os ríos chámase tamén confluencia.

A determinación do río principal e dos afluentes non é tan trivial como a xente pensa.  En principio hai unha norma que é a lóxica, xa que si dous ríos se unen é considerado afluente o de menos importancia polo caudal, a superficie da conca ou a súa lonxitude. Pero as veces non é tan doado e nestos casos recúrrese a outros principios, entre eles o de perceptoloxía, que se explica máis abaixo.

Río Lóuzara na súa confluencia co río Lor.

O Lóuzara é un afluente do Lor. Na fotografía o río Lóuzara é o pequeno que se ve enfrente.

Neste caso non hai dúbidas.

Na fotografía o río Navea en Chandrexa de Queixa recibe pola esquerda o regato de Torneiros, xusto na Ferrería.  O río Torneiros é un afluente do río  Navea pola esquerda. Na fotografía non se ve, xa que vai detrás das xestas do primeiro plano.

Neste caso non está tan claro, o lector debe saber que o río Torneiros é un regatiño, a décima parte do río Navea.

Na fotografía o río Miño recibe o río Loña. 

O río Loña, que se ve na fotografía xusto enfrente,  é un afluente pola esquerda do río  Miño.

Aquí vese máis claramente.

Na fotografía vense tres ríos, o que baixa en primeiro término é o río Bubal que é un afluente do río Miño, pola dereita, no que desemboca.

Despois da ponte de ferro vese outro río é o río Sil que se considera un afluente do río Miño.

A fotografía está sacada nos Peares e non aporta moita luz a palabra.

Ver as seguintes fotografías.

Aquí entre o río Sil e o río Miño si que hai dúbidas.

O ángulo A (aprox. 160º)  é o que forma a liña do río Miño antes da confluencia coa liña que siguen os ríos despois de xuntarse. (Sempre o menor e sin ter en conta signos).

O ángulo B (aprox. 120ª)  é o que forma a liña do río Sil antes da confluencia coa liña que siguen os ríos despois de xuntarse.

A > B

(Evidentemente o ángulo A é maior que o ángulo B)

(O ángulo A casi é de 180º o que da a imaxen de continuidade que é no que se basa o principio de perceptoloxía)

Principio de Perceptoloxía: segundo a cal, se dous ríos mesturan as súas augas, considérase río principal aquel que na confluencia forma un ángulo maior co curso que prosegue. O ollo percibe (¿establece?) a continuidade dese río e percibe ó outro como afluente.

Aplicando este principio o río Sil é claramente un afluente.

O río Miño é o principal. Polo tanto o río Sil é afluente do río Miño.

Demostración:

Na fotografía, que é a misma que a anterior, están trazados os ángulos os que fai referencia o tratado de Perceptoloxía citado.

Evidentemente o ángulo maior é o ángulo A que está formado polo canle anterior do río Miño e o canle despois da confluencia.

Dado que A é maior que B, según o criterio anterior o río Miño é o principal. Desta forma podemos falar do  río Sil como dun afluente do río Miño. (c.q.d.).

Nota do autor da web: esto de c.q.d. (como quería demostrar) vai adicado os meus queridos alumnos do ITEM de Ribadavia dos anos 1968-1977.

Non é tan trivial...

Que pasa sin os ángulos son iguais?.

Neste caso este principio no é de aplicación e habera que botar man de outros como o sentido común traducido nunha mezcla de caudais, historia, intereses, ou algúns que botan man de estudios xeolóxicos.

O río Lor é o principal. Polo tanto o río Louzara é afluente.

Neste caso do río Lor e o río Louzara queda claro quén é o afluente de quén. O angulo B que é máis ou menos de 90º sin ter en conta o signo é menor que o ángulo A que é aproximadamente de 180º.

O ángulo B é o que forma o río Louzara coa prolongación do Lor; e o ángulo A o río Lor coa súa prolongación.

Polo tanto o río Louzara é afluente do río Lor.

Nota: sobre este tema dos afluentes, ten un artigo o meu amigo Santiago Lamas no libro Galicia borrosa que é sensacional e que ademais aclara os conceptos de afluentes facendo referencia a un tratado  que analiza este feito.... Este artigo forma parte desta web sobre os ríos galegos e a súa vida. Está neste link.

No artigo aclara que o río Sil é afluente do río Miño básicamente por duas cousas: unha que é enteramente galego, recollido polo Licenciado Molina: "dicen que la causa es porque el Sil es estrangero y el Miño natural" ; e a outra causa é o ollo, ou sexa,  o principio de perceptoloxía comentado máis arriba.

De tódolos xeitos penso que está claro, ver esta fotografía do meu amigo Álvaro García:

O río Sil é o da esquerda. Ó do ángulo aquí estaría moito máis claro, pero non quero estropear a sensacional fotografía de Álvaro que ademais  lémbrame unha maravillosa excursión que fixemos pola Ribeira Sacra do Sil...

salir.jpg (922 bytes) Saír ó dicionario.               Saír a río Miño.                  Salir a río MIño