Por escarallar un río, algúns galegos,  entendemos pór en mal estado ou en peor estado do que estaba o río. Tamén perder o que tiña de bo, neste caso un río.  Eu diría que escarallar un río é rematar  coa maior parte dos seres vivos que habitan o río e as súas ribeiras. Tamén decimos escoñar un río,  que é o mismo.

Esto é  unha das formas de escarallar un río, observar como iba o río Limia ese día en Pontelinares  (Ourense), ver por riba do azud da presa,  e como se queda por baixo. Unha auténtica desfeita impresentable, o 10% do caudal do río, así está a lei,  é ridículo, o mal chamado caudal ecolóxico, e un fío de auga;  por riba a escada de peixes que ten na parte dereita do azud é impresentable, por ela soio suben as "troitas voadoras"... O río a partir  deste lugar está desfeito. Esto é escarallar un río, como o río Limia, unha auténtica marabilla fai corenta anos...

     A verdade que en Galicia do 2002, cando escribo este texto,  está de moda escarallar os ríos. Uns por que non saben máis, outros porque non pensan nos demais (non teñen ningunha educación ambiental, nada máis que na súa casa...,  hai moita incultura na xente)  e outros por encher os seus bolsillos a conta dos ríos e inda por riba de forma legal?... O que é certo é que de seguir así "os nosos fillos,  e non digamos os nosos netos,  atoparán uns ríos escarallados de todo... unha triste e brutal herdanza, dunha civilización que se di culta..."

Hai moitas formas de escarallar un río,  nas fotografías que siguen pódense ver as máis usuais, utilizadas en Galicia e recollidas dende 1980 ata hoxe 2020:

 

 

Escarállanse a tope coas minicentrais.

A Xunta do P.P. dice que non, pero non hai máis que visitar unha, para darse conta. Os nosos científicos xa o dixeron "O maior disparate imaxinable contra a nosa natureza"

Ver o río Limia totalmente escarallado. (Por riba o río a tope, por baixo case sen auga).

 

 

Continuación coas minicentrais:

Minicentral do río Limia, unha máis entre as  300 previstas en Galicia, xa hai casi 120 funcionando. Todas, sin excepción escarallan a tope os ríos galegos. Coas minicentrais desaparecen cantidade de especies. Eso é unha realidade demostrable.

 
 

 

Continuación coas minicentrais:

A maioría non teñen escadas de peixes. Minicentral do río Tuño. Caudal impresentable. Río Tuño desfeito. As minicentrais, de seguir así están a rematar co mellor que temos en Galicia.

Por suposto non hai escadas para que poidan subir os peixes migradores como a troita, por exemplo.

 
 

 

Escarállanse a tope roubando a auga o río.

 

Río totalmente sen auga por culpa dun encoro, neste caso é o río Xallas. Esta é unha práctica común, dende 1945 ata hoxe, das grandes empresas eléctricas. Moitos ríos quedaron secos e están escarallados irreversiblemente.

Algúns inda siguen hoxe sin gota de auga ou con apenas unhas gotas. Esto é lamentable e demostra que as empresas explotadoras destes encoros teñen de ecoloxistas cero patatero: Ferroatlántica, Fenosa (hoxe Naturgy), Iberdrola. Endesa e outras inda presumen de cuidar o Medio Ambente. ¡Hai que ter cara!...

Por certo hoxe, agosto de 2012 xa deixan o caudal ecolóxico. Lóxicamente houbo unha denuncia e perdoron o pleito...

 

 

Escarállanse a tope roubando a auga o río.

Río totalmente sen auga por culpa dun encoro, neste caso é o río Eume. Esta é unha práctica común, dende 1945 ata hoxe, das grandes empresas eléctricas. Moitos ríos quedaron secos e están escarallados irreversiblemente.

Neste caso é outra vergoña impresentable xa que son cinco kms. de río sin auga en absoluto, igual que o anterior, pero nun parque natural como son as Fragas do Eume.

Estos srs. neste caso Endesa non teñen perdón.

A Xunta de Galicia debera poñerse seria e decirlles que ou corrixen esta falcatruada ou quitan a concesión do encoro.

Pero falta o que hai que ter e hai moito diñeiro por medio. O resultado é o río escarallado a tope.

Endesa inda non perdeu este pleito, pero vaino perder...Esto é un atraco...

 

 

 

 

Escarállanse a tope cós encoros, que non cumplen a lei, que son todos en Galicia.

Non deixan subir as especies migratorias, e fan o que lles da a gana co caudal ecolóxico. A maioría dos encoros galegos non teñen escalas ou escadas para que suban e remonten as especies migratorias; ou sexa a presa é ilegal...

Fan vertidos incontrolados nas limpezas de turbinas e un longo etc. máis digno dunha república bananera que dun país civilizado.

Hoxe cando algunhas presas terían que deixar de producir KW, xa cumpliron ou están a punto 75 anos de explotación,  están ampliando o uso delas para perpetuarse no futuro (eso non é legal)...Outro roubo que os nosos políticos deixan facer...A maioría forman parte do negocio...ou reciben prebendas a cambio...

 
 

 

Escarállanse a tope cós caudais ecolóxicos que deixan as minicentrais e encoros en Galicia.

Son unha auténtica vergoña que non permiten vivir nin as rás.

Na fotografía observar o chorro de grifo no que queda convertido o río Navea en Chandrexa de Queixa. O caudal ecolóxico actual, do 10% do caudal medio, é unha auténtica aberración e escaralla os ríos de forma total. O malo é que non hai nada que facer, a administración sempre perde cando se aumenta este caudal...

Ver o que é o caudal ecolóxico.

 
 

 

Escarállanse a tope coa contaminación 1.

 Moitos galegos inda botan o río de todo, algúns Concellos botan moita merda ó río e non teñen depuradoras ou non funcionan.  Por exemplo as empresas situadas no Concello de San Ciprián, envelenan o río Barbaña un ano sí e outro tamén...

Na fotografía unha mostra do primeiro: hai unha lavadora, pero teño atopado de todo, colchóns, somiers, fregadeiros, váteres, ata un coche 600, no río Bibei, fai uns anos, em pleno couto de pesca; denunciei o caso e fixerono tramo libre sen morte...

Vivir para ver...O medio Ambiente en Galicia ata hoxe e propio dun país bananeiro...Dáselle pouca importancia a natureza...

A auga será o ouro do futuro e nós,  Galicia,  estamos a vender ese ouro, `pero non por necesidade, uns  soio por encher os bolsillos,  e outro por que non saben máis...

 

 

 

Escarállanse a tope coa contaminación 2.

Esto é unha mostra de como as empresas do Concello de San Ciprián de Viñas, en Ourense,  deixan as veces ao río Barbaña, neste caso cuberto dunha espuma impresentable, tercermundista e de cárcere...

Pois ven, esto ocurre polo menos unha vez ao ano, as veces con morte total da fauna.

País...

Nota. no ano 2009 foron máis de dez veces as que se contaminou, unha delas con máis de 17.000 peixes mortos o río Barbaña...

No 2012 cando reviso este texto xa levamos varias contaminacións deste tipo, e non hai culpables...

No 2021 seguimos...

Por certo despois do que levan gastado estos concellos en resolver o tema vexo que inda seguen a pedir, dos cartos que veñen de Europa polo coranavirus, para atender a esta contaminación. Hai que ter cara...O malo é que nos sae a todos do noso bolsillo...

Agora xa lle botan a culpa ao goberno central...e outras cousas, como decir que teñen a culpa os regatiños que chegan ao polígono e outras sutilezas...

 

 

Na fotografía de satélite o río Miño no encoro de Castrelo totalmente eutrofizado. Causas: a merda que botamos en Ourense e outros lugares o río.

Os pobos escarallan os ríos cando non depuran as súas augas.

As depuradoras en Galicia están nos despachos, e nese sitio pouco fan. Moito conto, pero nada de nada en xaneiro do 2002, salvo excepcións contadas.

Encoro das Conchas.

Nota: a eutrofización está de moda en Galicia no anos 2006 a 2012, son famosos os casos do Encoro do Umia, do encoro das Conchas,  do encoro de Castrelo, do encoro de Cachamuiña, encoro do Incio e outros moitos.

Dicen que teñen solucións, gastan millóns... pero non é certo. A única solución e non contaminar os ríos e en algúns casos deixar que a auga corra polo río...

Por certo estas augas son tóxicas, e digan o que digan non se pode beber delas.

 

 

Os ríos non pode ir deste xeito. Totalmente contaminado. Ourense 2002. Río Barbaña. O río Lonia en Ourense vai parecido.

Este é un río escarallado totalmente. Hai moitos neste estado.

É a morte total. Ademáis é nausebundo.

No 2007 sigue igual...

No 2009 morreron 17000 peixes. No 2010 xa foi contaminado outra vez... E siguen no 2021.

 
 

 

Escarállanse a tope con algúns vertidos, como o destas vacas tolas mortas e outras cousas peores, como os puríns e outros.

Día sí e día tamén hai vertidos en Galicia. Por regra xeral enterámonos do 1% dos vertidos.

Fanse moitas denuncias pero van arriba poucas. Por certo o pago deste vertido non chegou as 50.000 pts.

Hoxe os puríns, o resultado dunha agricultura desmadrada e sin cabeza, están a deixar ríos en toda Galicia, prácticamente mortos: río Mao en Montederramo, por exemplo, e outros moitos. Ríos marabillosos en tempos e que se ven sucios (o fondo) e sin troitas autóctonas, xa que morreron.

É unha auténtica plaga esto de botar veleno os ríos. Estercan prados e leiras a carón dos ríos que se acaba filtrando o río ou ben as choivas arrastran o río. Auténtico veleno...

 
 

 

Escarállanse os ríos cando se envelenan,

Caso da fotografía coa morte no río Arenteiro de máis de 40.000 troitas (ano 1997).

Por certo inda non se sabe quen tuvo a culpa e si pagará ou non. Seguro que non hai culpables, será unha falta leve...

Xa se sabe. Pagaron pouca cousa, unha vergoña...

 
 

 

Continuación do anterior:

O envelenamento dos ríos ocurre día sí e día tamén. En xaneiro do 2002 xa van uns cantos: Arenteiro, Avia, Miño, etc.

E os que non se denuncian...

Os vertidos son continuos.

 

 

 

Algúns vertidos producen malformacións na fauna.

Dito doutro xeito a morte da fauna dos ríos galegos.

De momento hai poucos casos, pero están ahí.

Por poñer un exemplo: en  Ourense ciudade,  as troitas grandes teñen exceso de metais. Demostrado en troitas de 40 - 50 cms.

 

 

 

Repoboacións con especies de fora,  outra forma de escarallar os ríos.

Máis resistentes a merda e a contaminación de todo tipo, pero que remata coas especies autóctonas.

Xa o fixo en algúns lugares como o encoro das Conchas, onde soio hai carpas prácticamente, cando se pescaba o mellor peixe da provincia, falo dos anos sesenta do século pasado. Outros lugares como Lindoso e outros están a punto de sufrir a misma historia...unha mágoa.

Eu nesto das especies exóticas teño a miña teoría, pero supoño que si se parte de que un encoro convirte en lodazal o terreno que anega, e se pensa na vida que existía no río se chega de forma doada a conclusión de por qué se botan especies foráneas ou exóticas como as chaman...Logo chámanas rías interiores...

 
 

 

Escarallanse os ríos facendo barbaridades.

 Os ríos teñen un canle e hai que deixalo como está, inda amplialo si é posible, xa que nas enchentas veñen as desgracias.

Na fotografía unha piscina na canle do río. Hai moitas na provincia de Ourense, algunhas ben feitas pero a maioría escarallando o río.

 

 

 

O encauzamento dos ríos é unha práctica diaria. Outra forma de escarallar o río

 Salvo casos contados. Os cartos de Europa hai que invertilos e nada mellor que escarallar os ríos, facer praias fluviais, muros, piscinas e un longo etc.

Olvidan, eso sí, poñer unha depuradora, eso non da votos. Soio miramos o bolsillo e así non vamos a ningures...

Algún día pagaremos estas e outras construccións, comendo terreo os nosos ríos...

No 2010 por pouco afogan os das casas da fotografía... incrible.

 
 

 

 

 

O río Cenza convertido nunha piscina.

Ata o leito está encementado. Por certo foi encementado sendo couto de pesca da troita. Hai que ter cara...

Este é un exemplo (sobre 200 millóns o proxecto) de onde se invirten algunhos cartos de Europa: en escarallar ríos.

O pobo de Vilariño de Conso non ten depuradora, pero ten unha piscina incrible.¡¡ O río escarallado!!. Seguro que últimamente montaron a depuradora dos barcos, que por certo funcionan pouco xa que aparte de ser caras, gastan moita electricidade, son malas depurando.

¡A xente está feliz!...

 
 

Peares Ourense-Lugo. Plan Procer.

 

O río Búbal, nos Peares, convertido nunha piscina.

 Ata o leito está empedrado, seguramente con bloques de granito de Porriño. 

Realmente a mín dame noxo ver estas barbaridades que se están facendo a conta dos nosos cartos en Europa, e logo ver as desfeitas que fan con nós na leite e na flota pesqueira. Claro que son elucubracións miñas, xa que una cousa pode non ter que ver con outras...

 
 

 

O progreso mal entendido escaralla un río.

Neste caso trátase da autovia de Ourense a Vigo xusto pasando por riba das pozas de Melón. Realmente non hai perdón nin cuidado, nin tan siquera son sensibles coa natureza.

Podía pasar por vinte mil lugares, pero non, xusto por ese lugar. Non se entende...

 
 

 

Outra forma de escarallar un río, é simplemente ocupando o río, comendo terreno o río,

 Nesta canteira no río Fareixa os escombros van todos o río. Esta é unha practica común en moitas canteiras de Galicia. Xa non digamos da extración de pizarra onde estos barrancos son típicos e os ríos son de tódolos cores...

Outra forma de escarallar un río.

Denuncias e nin caso...

 
 

 

Outra forma de escarallar un río: cós incendios:

Os incendios están a matar a moitos ríos de Galicia.

Neste caso o río Navea en Chandrexa de Queixa. Morreron centos de troitas afogadas pola cinza. As beiras están cheas de cinza e entérrase un ata 50 cms en moitos lugares.

O mismo seguro que pasou nas Fragas do Eume.

Os incendios están a escarallar totalmente os nosos ríos.

 

HAI MOITAS MÁIS FORMAS DE ESCARALLAR UN RÍO.

Esto é escarallar un río, neste caso o río Cerves en Melón (Ourense), observar a desfeita que está a facer a máquina excavadora, o río estaba cuberto de pedras que a máquina intenta  poñer no seu lugar...destas desfeitas en Galicia moitas..están de moda... Por certo cando botaron o cemento do azud mataron todas as troitas río abaixo...Saíu na prensa pero non pasou nada...son os amos dos ríos de Galicia...

!Basta xa de escarallar os ríos!.

(Tres o cuatro anos máis e o 90% dos ríos galegos, sensacionais, pasarán a historia e serán cloacas sin vida ou con vida non autóctona).

----------------------------------------------------------------------

Ampliación en Xullo de 2012 - outubro 2013- xaneiro de 2016 -marzo 2020:

Por suposto que suscribo o dito anteriormente.

Que como están hoxe? (xullo 2012-outubro de 2013-xaneiro de 2016 - marzo 2020) os ríos galegos, setembro de 2021? : na UVI. Penso que hoxe máis do 90% (novo dato 99%) dos ríos galegos están contaminados dunha ou doutra forma. A maioría con puríns e outras falcatruadas botadas o río e que producen cambios no  PH das augas,  metais dabondo nos seres vivos que as habitan,  por riba do permitido, morte e desaparición da fauna e outras cousas...

Repito, en xaneiro de 2016 digo que un de cada cen ríos non ten contaminación ou está en bon estado. Penso que me quedo corto. En Ourense, por exemplo, fai pouco puña dous pequenos ríos que no nacente están en bon estado, o río Ribeira Grande e o río Ribeira pequena, ríos do invernadeiro e para eso nos primeiros kms. Logo xa se xunta  co Camba que ven penoso...O resto está en mal estado, incluído ríos emblemáticos ata fai pouco como o río Xares e o Navea.

As depuradoras non existen, ou non funcionan ou foron un engano (algúns en Ourense chaman depuradoras a decantadoras de merda e sólidos...por certo que valeron un ollo da cara. Hai moito chourizo solto...). Todo vai o río...

En Ourense montáronse, a cargo dos cartos europeos 107 depuradoras que a maioría están casi todo o día paradas, teñen un mantemento caro que os concellos (de menos de 500 habitantes) non poden asumir.

Eu penso, desgraciadamente, que me quedo corto no anterior.

No 2020 resulta que os ríos ourensáns están en "metástasis" como dice José Gómez e ten toda a razón, o malo é que no resto de Galicia van polo mismo camiño...

Os ríos galegos están dunha ou doutra forma escarallados.

O autor da www.

Secundino Lorenzo.

--------------------------------------------------------------------------------------

A proba de que me quedo corto:

Río Umia no Encoro de Baxe e Río Limia nas Conchas eutrofizados no 2011 por vertidos e outras causas...No 2019 siguen eutrofizados e impresentables...

Esto é escarallar un río...

Río Barbaña en Ourense contaminado por vertidos químicos  e outros,  todos os meses do ano, outro desastre...

Esto tamén é escarallar un río...

 

Río Navea en Chandrexa de Queixa, na UVI, setembro de 2012. por mor dos incendios. Morreron casi todas as troitas e as beiras están cheas de cinza. Un río que era non fai moito dos mellores de Galicia.

Así se está acumulando a cinza no encoro de Chandrexa, ata casi un metro de alto. Esa cinza pasou polo río anterior e matou todas as troitas o ano pasado 2012.

Ollo non toquedes esta cinza, queima. Metes un termómetro nela e sube rápidamente a temperatura...

Ver  outras desfeitas no ano 2019 e 2020, esto é máis que un desastre  auténtico.

¡Menuda herencia que deixamos os nosos netos, no meu caso de momento Aldán e Madi!

¡Que sepan polo menos da miña loita dende 1960!

salir.jpg (922 bytes) Saír.