FREZADEIRO.
Chámase frezadeiro o lugar escollido pola
troita ou o salmón para efectuar a desova
(que
é a acción de poñer, máis ben soltar os ovos, dos que saldrán, máis
adiante os alevíns). É polo tanto o lugar do
río onde pon os ovos, que logo son fecundados polo macho e trátanos de
tapar con coios e area. Nesa zona será onde nazca máis adiante o alevín.
Son lugares con moi pouca auga , pero con
lixeira corriente, 20 ou 30 cms. con un leito de moito coio pequeno e
area, de tal xeito que a troita poida facer un buraco de forma doada coa
cola. Esta operación pode levarlle medio día ou máis.

Posible frezadeiro.
Habería que ver a velocidade
da auga, tamén a profundidade e dende logo con máis arenilla. Pero
podera valer.
A fotografía submarina é sensacional, é do grupo W.U.V. uns especialistas neste tipo de fotos.
|
|

Na fotografía estase a facer un
frezadeiro en base a un pequeno cachón, onde por riba se botou
grava, que neste momento estase extendendo.
Efectivamente este é un lugar idóneo para que
as troitas desoven cómodamente.
|
|

Posible frezadeiro no río Outeiro.
Os ríos cambian moito dun ano para outro e o que hoxe é un
frezadeiro mañán nono é.
Os frezadeiros dun río debéranse cuidarse como ouro en pano.
|
|

Outro posible frezadeiro, en primeiro plano, no río Xares.
Ver a
parte de coio no centro. Dende logo terían que esperar a unha
pequena subida de nivel.
|
|

Nesta fotografía do río
Miño, en Ourense, vese xustamente a esquerda río arriba,
entre 50 m. e a pasarela é un frezadeiro de primeira man para as
troitas do río Miño, o leito e puro coio... Pode verse como
frezan, dende a pasarela para abaixo, é todo un
espectáculo. Hai que estar atentos polos meses de decembro e
xaneiro, inda que depende moito de como vaia o río e aquí
é un autentico desastre coa presa de Velle que fan o que lles da
a gana e por suposto non teñen en conta nada, nin as termas, que
se asolagan día si e día tamén, e moito menos a freza da
troita. Faltaría máis...
|
Saír.
|