A auga é un composto moi abundante na natureza, na que se atopa en tres estados: líquido -en océanos, ríos e lagos-, sólido -no xeo e na neve- e gaseoso, en forma de vapor na atmósfera.
É un líquido que, en estado puro, é incoloro e transparente, é inodoro e insípido ou salgado, formado pola combinación dunha parte de oxíseno con dúas de hidróxeno (fórmula química H2O).
Estas marabillosas definicións están en calquera dicionario de galego que se precie, pero ollo si seguides lendo xa que hai, desgraciadamente moitos tipos de auga...
Esta é a distribución de auga no mundo. Fonte "Os ríos". A Nosa Terra.
Nos falaremos, como dicionario fluvial que é, da auga dos nosos ríos...
En Ourense inda temos ríos como este de augas limpas, con vexetación de ribeira ben cuidada e con moita vida. Rio Grande . O Invernadeiro (Ourense). Pero ollo que non temos moitos máis ríos conesta auga, eu diría en Ourense e por suposto en Galicia. Unha mágoa... Fotografía de Secundino Lorenzo.
Non podía faltar neste dicionario fluvial a palabra auga; sin ela non habería fontes, nin regueiros, nin regos, nin regatos, nin ríos...vamos, non habería nin dicionario.
Que teñamos auga é unha das condicións necesarias para que teñamos vida xa que a auga nos suministra vida: a auga quita a sede, mantén a hixiene e protexe a saúde. Todo o mundo debera ter auga potable; é un dereito humano esencial. Tamén debemos tratar de conservarla, é un ben escaso en moitas partes do mundo, e temos a obriga de mantela en condicións de que se poida usar sin problema.
Outra imaxen do Invernadeiro en Ourense. Fotografía de Víctor Gil.
Unha pasada de paisaxe, unha pasada de ríos. Un pouco mais de 7x7 =49 Km2 (en realidade aproxímase a 56,25 km2 xa que é 7,5x7,5 km2 pero lémbrase mellor o outro dato) de terra marabillosa. Un parque natural único, en Vilariño de Conso (Ourense). Por sorte para poder velo hai que pedir permiso...
Debemos loitar e pedir que a auga non este contaminada, esté limpia, que non teñamos vertidos de ningún tipo e en definitiva que sexa perfectamente potable. Entristece ver actualmente que moitos ríos, que non fai moito estaban en perfecto estado, hoxe están contaminados. Reivindiquemos que poñan depuradoras eficientes en todos os lugares en que se detecte esa contaminación, é unha obriga a todas as fábricas, explotacións ganadeiras, e similares, que non boten augas contaminadas os ríos. Por suposto que as vilas e aldeas tamén depuren as súas augas. É unha obriga e un deber. Estamos fartos de ver augas eutrofizadas...e augas en mal estado. Por certo si non sabedes de que falo consultar este pequeño traballo que fixen xa fai tempo...
¡Por unha auga sana e bebible sin problemas!
¡Disfrutemos dos nosos regatos e os nosos ríos.!
Fotografía Secundino Lorenzo. Volve ser o río da Ribeira Grande no Parque Natural O Invernadeiro. Mirai a auga limpiña, pódedes beber dela e vense as troitas e outros peixes e hai vida debaixo das pedras...
¡Vaia si hai vida!. Fotografía de Víctor Gil. A pedra está chea de casullo, un tricóptero ben famoso...