Chámanse
Batán a unha máquina movida
pola acción da auga que, provista duns mazos, serve para bater en mollado os
tecidos saídos dos teares, para conseguir dese xeito apertar os entramados,
así como lavala ou desengrasala.
Básicamente dos teares saían os
tecidos de lá e de liño. Estos tecidos, que se facían artesanalmente nos
teares, saían cunha textura moi floxa, polo que desfiañábanse
moi fácilmente. Para apretar esta textura utilízábase o batán.

Manta feita con liño. Curiosamente esta manta
foi feita pola aboa da miña muller; unha muller do pobo de Calvos, en
Vilasouto no Incio (Lugo). Chamábase Concepción Seara.
Ver esta fotografía máis ao detalle ó
final...
Os batáns conseguían estas texturas,
precisamente.
Chámase tamén
Folón,
en Ourense pola zona de Entrimo, e
Pisón.

Folón de Entrimo, en Ourense, xa
desaparecido e que describe Xaquín Lorenzo no libro "Os Oficios".
O folón van as mantas para ser rematadas,
deste xeito aprétase a súa trama e amalgámase as súas febras. Tamén os picotes
(tecidos de mezcla de la e liño).
O folón necesita dun río que faga xirar a roda
que se ve na figura. Trátase de algo parecido os muíños e as
ferrerías.
A roda leva uns caixóns (ou
unhas palas) sobre os que cae a
auga para movela. O funcionamento é simple xa que o mover a roda que
vai con catro radios, fan mover e xirar o eixe. O xirar
fai mover unha especie de martelos, no dibuxo vense dous, que son os
que mallan sobre o lenzo.

Para foloalo tecido, conta Xaquín Lorenzo
Fernández, hai que mollalo na pía , polo que fan uns pequenos canais
para que a misma auga molle o tecido o mesmo tempo que o mallan. O
lenzo debe estar sempre mollado pero non lle convén a auga fría. No
inverno quéntase a auga e mantense mollado mentras actuan os mazos.
Na fotografía o batán de Mosquetín en Vimianzo,
que como se pode ver non quedaba nada.
Actualmente están recuperados estes
batáns. Fíxoo a Deputación da Coruña.

Efectivamente están recuperados estos batáns:
Estes muiños sitúanse á
dereita do río Grande
e suman en total sete muíños máis tres batáns. Recóllense en dous
edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña
e os batáns para o liño e lá. Durante séculos constituiu unha
importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló
dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo
rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxetivo de reformalos
nun museo.
Ver este link
Ver
estas fotografías e explicacións da miña visita a estos batáns
en agosto de 2012.

Este é o cartel do que hai actualmente instalados no Río Grande,
nos batáns de Mosquetín un conxunto etnográfico que hai que
velo...
Agosto de 2012.
Estos batáns funcionaron ata o ano 1966. No Catastro de Ensenada
figuraba documentado este batán na zona.

Nun dos edificios hai instalados tres
batáns completos. Veremos ó que dura está sobresainte
instalación e recuperación. O día que visitamos estos batáns e
estos muíños. 06/08/2012, non había ninguén na zona e
estaban abertos. Seica que debido a maldita crisis, esto comenza
a estar abandonado. Mal asunto...
Fotografía do autor da web.
Os batáns de Mosquetín están en Vimianzo,
a carón do pobo de Baio (Costa da Morte , A Coruña) no río
Grande. Ver un conxunto de fotografías sacadas por mín en agosto
de en agosto de 2012.
Explicación de como funciona un batán:

O funcionamento dos batáns é a seguinte: As mantas
colócanse nunha Pía do batán (ver 6), que é unha
cavidade que hai na parte central da Mesa. Entra auga
pola Canle (0) e bate con forza contra as
Paletas
(ver 1) Cuncas ou Penas do Rodicio, que é unha
roda xiratoria coma a do muíño, pero que na do batán
colócase en sentido vertical (Ver 1). O virar desta roda
co bater continuo da auga fai virar tamén o Eixe ó que
vai unida, de onde sobresaen dous grosos tablóns
chamados as
Elevadoras
(ver 2), que ó petaren contra o estremo das
Almancas
(ver 7), erguen alternativamente eses pesados cepos
prismáticos, as
Manlles
(ver 3). E estes son os que mazan as mantas (ver 5) ó
caeren con toda a forza contra a Pía (ver 6).
Outros datos curiosos:
A operación de batanado ou foloado duraba unhas 24 horas xa que
primeiro había que mollar a manta e logo colocala na pía,
o mazo actuaba según a entrada da auga, ata 40 golpes por
minuto, pero había que cambiar a posición das
prendas tres veces no proceso. Tamén engadir auga
continuamente.
A prenda mermaba 1/4 do total.
A dedicación no traballo tiña que ser
total...
Da importancia dos batáns na economía local fala un
decreto de Carlos III (1771) no que declaraba exento de
sorteos do servicio militar os fillos dos bataneiros "...los
Maestros,
Fabricantes de lanas y sedas, Tundidores y a los
batanes, prensas y perchas; pero no a sus ayudantes y
aprendices...".
Os primeiros batáns que hai con documentación en España
datan do século XII en Gerona. En Galicia aparecen
concretamente os de Mosterín no Catastro de Ensenada. en
1753.
Outras fotografías de batáns: