O beirón é, en algúns lugares de Galicia, o toco, por decir así, onde dorme ou se esconde a troita cando se asusta.

Tamén, en galego, o máis correcto é chamarlle tobo, que nunha primeira significación é unha coba de zorros, coellos ou outras feras, pero que nunha segunda é a cama de outros animais. Pois ben, ese sería o caso da troita.

Moitos pescadores a man (está prohibido) ó entrar no río miran onde se esconde a troita , logo é doado collela sempre e cando no se lle teña medo ás cóbregas. É o que se chama "pesca o toco" outra palabra relativa os ríos.

As troitas en moitos ríos métense nas raíces das árbores que entran no río,  que en Verín chámanse reigaños, palabra que equivale neste caso a beirón.

O beirón ou tobo é polo tanto onde se esconde a troita e non hai que confundilo coa postura en sí.

Por exemplo na fotografía a troita está en postura ( lugar para comer e cazar), non está no beirón, que sería onde se metería si se asusta.

 

No dibuxo vense varias troitas nun río. a primeira, a que está metida na rocha, está no seu beirón, as de máis abaixo están en postura.

No beirón dicen que a troita deixase acariciar e mesmo coller. Estou seguro que é certo,  xa que o vín facer, concretamente en Randín (Ourense) no regato que baixa de Vilariño e desemboca no río Salas.

A min nunca me gustou este tipo de pesca "a man", chámase "pesca o toco", aparte de ilegal, da moitas sorpresas. Un tipo de pesca  moi practicado en tempos, realmente non había outro aparte da rede.

En moitos ríos as troitas métense tamén nos reigaños que son as raiceiras do río.

 

Posteriormente vendo os traballos marabillosos de Adela Leiro, e concretamente un pps que ten dedicado a Uxio Novoneyra, o poeta do Courel, vexo que utiliza a palabra beirón co significado  de "na beira mismo da presa".

Hai tamén xente que utiliza a palabra paleira en lugar de beirón, como burato ou cova situada debaixo das pedras dun río. Defeito Xosé Otero, utiliza nun poema no que fala da troita a palabra paleira, como lugar onde se esconde a troita. Concretamente no libro "Miño, río pai e amigo".

Copio exactamente a fotografía e a definición que repito saco da súa páxina, sorprendente páxina web onde ten o traballo, repito, marabilloso, de moitos anos.

Adela Leiro ten moitos libros adicados á natureza, é parte da súa vida,  xa que é a súa especialidade. Esta páxina referencia, na bibliografía, moitos deles. A súa labor o longo de corenta anos é incrible e marabillosa. Aproveito esta web, a miña web, para felicitala e darlle as gracias no meu nome e no nome dos ríos de Galicia. ¡Enhoraboa!.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.