Capar o río é
un xogo que seguro que coñecedes, sobre todo os que tendes un río adecuado
preto da casa onde vivides, non moi pequeno, e xogastes a guindar ou tirar unha pedriña
especial (canto rolado planiño e pequeno) e contar os saltiños que dá na tona da auga antes de asolagarse ou
asuougarse como dicen por Francelos (Ribadavia).
Fotografía sacada dun Youtube dos CCR. Catro saltiños da a pedriña que
tirou a moza no video da canción dos CCR, grupo Credence.
Descoñezo ao autor deste dibuxo, onde se ve
perfectamente os saltiños da pedra.
Normalmente escollíanse pedras máis planas que eran as que máis veces
rebotaban na tona da auga.
Trátase do xogo da "cabrilla" en castelán, tamén se
chama "hacer el patito", "hacer la rana" e
"a chata". En galego "capar o río".
En Portugal falan de "facer chapeletas". A nivel
técnico epostracismo.
En internet hai ata estudios físicos do
movimento de pedra e os botes, falando do impulso que lle damos, da forza da
gravedade e das forzas de rozamento...en fin. Titulan "aspecto científico" ?
Hai quen da ata fórmulas e algúns comparan
co esquí acuático. Sin máis comentarios...
Algunhos chegan a dar o ángulo entre o río e un plano que
teoricamente debe seguir a pedra, falan de 20º. Bueno...
Os que queirades profundizar no tema podedes poñer Wikipedia
"capar á auga" en google. Veredes ata a utilidade militar deste xogo, todo
polo século XV, seica a utilizaba a mariña portuguesa de D. Joâo II, nos
chamados "tiros tensos"...
Seica que na
2ª guerra mundial tamén se empleou o sistema coas bombas ricocheteadoras...Incrible.
En Ourense no río Miño, concretamente a
altura dos Salesianos, xunto a chamada hoxe "praia da antena", os
xoves a tarde, que salíamos de paseo cando estudiabamos o bacherelato, este
era un dos xogos típicos, a parte de ver as tripas e demais órganos das rás
e otros animais...
A nosa técnica
era simplemente buscar un cantiño rolado pequeno e moi plano pero que se
collera ben cos dedos pulgar e índice e agacharse o máximo posible e tirar o
coio con toda a forza ao río dando un pequeno impulso cara arriba. Había
moitos especialistas... O Río Miño prestábase a este xogo. Ganaba quen máis
botes contaba...
Eran os anos entre
1955 e 1963.
Por certo daquelas
prácticas non saiu ningún campión mundial de "capar o río", pero si algúns
médicos entre aqueles que traballaban coas tripas das rás e outros bárbaros
investigadores
que facian fumar os morcegos...
Lembro perfectamente uns cantos deles: Mazaira, Enrique, Tabarés, Tobio,
Ausín e Villar (d.e.p.). Por certo todos eles grandes médicos xa xubilados...
Eramos uns fenómenos buscando como entreterse
naquelas tardes...
Hai lugares onde se fan ata apostas no
lanzamento da pedra; tamén se utilizan pedras especiais...
Seica na Antiga Grecia Homero xa escribiu sobre este xogo. A
nivel mundial hai competicións e por suposto técnicas de lanzamento.
Na fotografía, sacada dun disco dos CCR (Credence
Clearwater Revival, tamén se chaman Credence, sensacional grupo da miña época,
década de finais de 1960 e toda a década de 1970, pero que inda se escoitan hoxe, a canción é
Have You Ever Seen The Rain...
¿No viste llover haciendo sol?), en galego podería decirse ¿non viches o
froallo?, hai unha escena onde xogan a lanzar ao río unha pedriña, mellor un canto
rodado, planiño, e gaña quen lle de máis botes na auga.
Quen de neno,
tendo un río apropiado preto,
non xogou a esto?. Eu si dende logo. Pois ben os botes ou saltos vanse contando ata
que a pedra se asuague, ou se asolague, ou se asuougue. Na fotografía gañou a moza que fixo
catro botes. Si queredes ver o xogo e oir unha canción marabillosa ver este
video: