Kaiak é unha canoa alongada e
estreita de pel de foca usada polos esquimós para pescaren (xeralmente é dunha
única plaza).
Tamén, por extensión, é unha
canoa de unha ou dúas prazas usada en competicións
deportivas. Por canoa enténdese unha embarcación lixeira, estreita e alongada,
sen quilla, coa proa e popa aguzada, que non posúe temón e que é propulsada por
remos.