O leito
dun río é por onde circulan as augas do río. Os leitos son as partes
máis escavadas dos vales.
O punto máis baixo do leito dun río é
o canle ou
cauce. É a zona pola cal o río
corre coa máxima velocidade.

No
dibuxo sacado do "Dicionario visual da construción",
feito polo Colexio de Arquitectos de Galicia COAG,
vese perfectamente a distinción entre canle (Álveo,
leito ou madre) , o caudal (que é a auga que leva) e
as beiras ou ribeiras.
Tamén se chama canle,
álveo, madre, quenlle e quenlla.
Realmente é por onde circula a auga do río.
Os leitos dos ríos por suposto
incluen o canle, pero tamén hai que distinguir entre o
leito menor (por onde vai o río no estiaxe)
e o leito maior (que
é por onde vai o río co seu máximo caudal). Por suposto que hai tamén un
leito esporádico que
nas enchentes ou inundacións tamén é cuberto polo río.
Os leitos menores presentan na
estiaxe unha alternancia de zonas fundidas (regos e pozas) e de fondos
altos como as soleiras, que
poden chegar a formar ínsuas.

Na fotografía vese unha
soleira no río Xares, no
estiaxe do río. Si é moito máis grande pode chamarse ínsua.

LEITO DUN RÍO.
O leito deste río está perfectamente conservado.
O leito menor está perfectamente
definido.
Río Outeiro en Ribadavia.
Seguramente cambie si o final fan a minicentral que está
prevista.

LEITO DUN RÍO.
Aquí vese o Canle
e o leito menor.
O caudal deste río está roubado por unha central eléctrica.
Os responsables son Ferroatlántica. O encoro de Santa Uxía en
Ezaro-Dumbría é o responsable de que este leito non leve o que ten
que levar, a auga do río.
A un kilómetros augas abaixo está a famosa Fervenza do Xallas, o que Fraga chama
"A Niágara galega". Esta fervenza funciona os
domingos as 12:30 horas.
Vivir para ver.
Nota: hoxe (2014) e gracias as loitas destos anos
esta zona xa ten o caudal ecolóxico todos os días e a
fervenza pode verse.

LEITO e CANLE DUN RÍO.
O leito deste río quedou prácticamente seco,
sin caudal, o día
11-11-1998 que foi cando saquei a fotografía. Trátase do río
Barbantiño, e a minicentral situada por riba, da empresa
Engasa, Energía de Galicia S.A. estaba a facer
probas.
Menudas probas...Morreron todos os
peixes e troitas.
Barbaridades destas fanse todos os días en Galicia.
¡Si os ríos falaran!.

Quenlle dun río.
Un poema de Luis Amado Carballo dí:
Deixando a fonte a chorar - fuxe o río pol-o quenlle - con
pasadas de cristal. O dicionario Galego di Quenlla,
sinónimo de canle.
Esta palabra foi enviada por Gonzalo Sancho
de Vaipolorío o que lle dou as gracias.
Na fotografía vese o río Barbantiño polo seu
quenlle; a carón deste muíños de Mandrás.
Nota: do libro
"Ríos de
Galicia e augas interiores" publicado pola editorial
IR INDO no 2008 e que firman
Agán-Aulas naúticas
medioambientais saco esta ilustración moi interesante e que
me leva a outras palabras que convén poñer neste dicionario fluvial.

Dibuxo sacado do libro citado. O comentario é meu.
Como consecuencias dos procesos de erosión dos
ríos distínguese entre leito de erosión
e leito móbil.
Os leitos de erosión son os que se desenvolven sobre rocha cristalina ou materiais que a corrente non
pode desplazar. O modelado é moi escaso. Fai falta axuda de
elementos que axuden a esta labor de abrasión.
Os leitos móbiles son aqueles que o modelado
desenvólvese directamente en función das leis de dinámica dos ríos,
polo tanto dan lugar a distintos leitos como os leitos calibrados
(as márxenes están fixas e só actua o río no fondo ), os leitos meandriformes (ver os meandros), os
leitos trenzados
que dan lugar os famosos bancos aluviais que forman as
famosas ínsuas (ver ínsuas neste dicionario), por exemplo as da foz do río Miño, e
outros.
No que sigue porei unhas fotografías de leitos
de varios tipos:

Leitos calibrados. O marxes e a
configuración son estables. Río Miño en Trasariz

Leitos de erosión. Salvo as poteiras
que poden aparecer, o resto vai sobre o
canle. Río Xallas por riba de Ezaro.

Leitos meandriformes.
Este meandro hoxe está o encoro de santo
Estebo pero en tempos era un leito
meandriforme. Por certo trátase da Cubela no
río Sil.
.jpg)
Leitos trenzados.
Caracterízanse porque as augas circulan en
brazos que están separados entre si por
bancos emerxidos que son bancos aluviales .
Baixo Miño.
Saír.