Un
regato ( tamén se chama
regueiro,
regacho, riacho, rigueiro, rielo,
regueira,
rego, arroio, sorrío, agolada etc.) chámase en Galicia a un río
pequeno de pouco caudal, xeralmente corto e por suposto que é afluente dun
máis grande. As veces o que se chama regato é un rego, e otros veces o que
se chama río é un regato.
O que si é certo que os regatos son unha
marabilla en Galicia. Para mín, que conozco e pesquei moitos, son
auténticas acuarelas.
Convén aclarar que moita xente distingue
entre: río, regato, regueiro e rego. De maior a menor curso de auga. Entre
río e os demais non hai problema, pero regueiro seica é menor có regato,
pero menor có río. O rego é simplemente un pequeno surco natural polo que
corre a auga. Queda dito.
Vexamos unha pequena mostra de regato e
regueiros:

Regato de Barcia, en Ribadavia, ano
1968.
Trátase do río Outeiro (tamén
se chama Brull), unha
auténtica marabilla en tempos. Este lugar xa non é así, seica por riba da
roca, que se ve a dereita, fixeron unha casa.
Sin comentarios.
Nese pozo teño eu moita historia, con
Manuel Portela o meu mestre de pesca e Felix o meu compañeiro de
fatigas. Moitas troitiñas deu esa postura... |
|

Regato de Puga, en Puga - Ourense, ano
2002.
Trátase do río Puga, unha
auténtica marabilla que se debe cuidar e limpiar , merece a pena.
Hoxe está feito un
auténtico desastre, unha canteira na súa cabeceira está
esnafrando este regato totalmente.
Téñeno vedado, algo que
on entendo xa que na miña opinión apenas ten vida...
|
|

Regato de Salgueiro no Xurés.
Ourense.
Os regatos galegos son auténticas acuarelas
da natureza.
|
|

Regato de Cereixo. Ourense.
Os regatos galegos son auténtica poesía.
As súas beiras teño pasado moitos momentos marabillosos.....
únicos.
|
|

Regato de Fírbida. Ourense.
"Regatiños da doce Galicia,
gaitiñas levades pro mar
de pedra en pedra un gaiteiro
espallando o voso alborear.
Os páxaros nos amieiros
rompen con vos a cantar,
as troitas pillan saltiños
e brincan pra namorar..."
Avelino Cachafeiro.
|
Saír.
|